O COTSG apela á responsabilidade nas campañas solidarias de Nadal
Data: Novembro 24, 2024

Nesta semana, coa proximidade da noite de Reis, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) propón unha pequena guía sobre as campañas de caridade . Dende o colexio profesional sinálase que, nestas datas son habituais as campañas solidarias, nas que se anima a facer doazóns.

Malia o obxectivo solidario que teñen moitas delas, dende o COTSG sinálase o seu uso como acción de marketing político, cando proceden dun partido político ou institución pública, ou empresarial, cando son iniciativas privadas. Neste sentido, o colexio recalca que estas campañas puntuais solidarias igualan o Traballo Social á marxe do asistencialismo e a beneficiencia.

Dende o COTSG preséntase esta guía de 5 pasos, para reflexionar sobre a responsabilidade das campañas de Nadal, reivindicando que, contra a vulnerabilidade, precísanse medidas estruturais e non caridade.

1—As campañas de Nadal son unha solución temporal concentrada nunha época concreta do ano.

2—Estas iniciativas solidarias diminúen a responsabilidade gobernamental sobre a situacións de vulnerabilidade.

3— Se participas nunha campaña, esixe transparencia coa xestión dos recursos e pensa nos obxectivos da entidade que a organiza.

4—A miúdo, estas campañas presentan unha visión paternalista das persoas en situación de vulnerabilidade, sen empoderalas.

5—Contra as situacións de vulnerabilidade, a solución son servizos sociais de calidade e non caridade.