O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia anuncia a súa adhesión á declaración contra a guerra e a violencia do Consejo General del Trabajo Social, ante o conflito bélico entre Israel e Palestina.
Seguindo o comunicado do Consejo General del Trabajo Social, o COTSG mostra a súa repulsa ante a escalada de morte e violencia cara ós pobos de Israel e Palestina, que está a causar unha crise humanitaria de consecuencias catastróficas e insoportables, sobre todo na sociedade civil palestina.
Podes consultar o comunicado completo do Consejo General del Trabajo Social aquí.