Inscríbete nas listaxes profesionais do COTSG ata o 2 de novembro
Data: Novembro 25, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia convoca un novo prazo de inscrición nas súas listaxes profesionais, abríndose este 18 de outubro e finalizando o 2 de novembro de 2023. As persoas interesadas poden solicitar a súa inclusión nas seguintes listaxes: docencia, tribunais, profesionais independentes, expertos/as, peritaxe e mediación.  

A listaxe de profesionais independentes é un servizo específico que ofrece o COTSG á cidadanía, empresas, asociacións non lucrativas, administracións públicas, cunha relación de profesionais do Traballo Social que ofrecen os seus servizos por conta propia. O COTSG non intervén no proceso de selección dos ou das profesionais, sendo a súa función informar e poñer a disposición de calquera entidade esta listaxe, así como velar por unha correcta praxe e ética profesional. 

Aquelas profesionais que xa están incluídas nestas listaxes manteranse nas mesmas, agás que manifesten o contrario, polo que non precisan solicitalo de novo. Recoméndase consultar nas bases da convocatoria os requisitos xerais e específicos para cada listaxe. Nas mesmas bases tamén se inclúe a documentación necesaria para tramitar a solicitude, estando dispoñibles os modelos na web do COTSG. As solicitudes enviaranse no prazo establecido vía e-mail a: grupodetraballo@traballosocial.gal