O COTSG organiza unha xornada sobre o “Modelo do Sistema Público de Servizos Sociais que defende o Traballo Social” o 17 de novembro
Data: Novembro 25, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) organiza o venres 17 de novembro a xornada “Modelo do Sistema Público de Servizos Sociais que defende o Traballo Social”. A cita celebrarase entre as 10.30 e as 18.00 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A inscrición previa, gratuíta e obrigatoria, pode xestionarse neste link. O programa da xornada completo da xornada pode consultarse aquí. 

Nesta cita, o COTSG presentará o contido da proposta homónima publicada polo Consejo General del Trabajo Social. Unha proposta proactiva de reorganización do sistema de benestar social e do papel que a profesión ocupa nel. Afondarase polo tanto na proposta dun novo modelo de Servizos Sociais defendido dende a profesión. 

O programa contará coa intervención de Emiliana Vicente, presidenta do Consejo General, e coa súa homóloga no COTSG, Miriam Rodríguez. A xornada incluirá a presentación do ‘Informe sobre los Servicios Sociales en España y la profesión del Trabajo Social’. Por último, o evento inclúe o relatorio “O modelo de servizos sociais dende o Traballo Social”, con Ana Vilar e Belén Navarro, moderado por Cristina Díaz; e o relatorio, “O Traballo Social diante do novo modelo”, con Ignacio Crespo, Luz Campello e Rosario Capelo, moderado por Luisa Andaluz.