O COTSG organiza o 4 de outubro unha webinar sobre o novo modelo de Servizos Sociais dende o Traballo Social
Data: Xullo 16, 2024

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia organiza unha webinar gratuíta o vindeiro 4 de outubro ás 17.00 sobre o novo modelo de servizos sociais dende o Traballo Social. Esta webinar será impartida por Ana Vilar, vicepresidenta do COTSG e vogal do Consejo General del Trabajo Social, coordinadora ademais da edición do texto “Modelo del Sistema Público de Servicios Sociales desde el Trabajo Social”.

Esta charla online será a antesala dunha xornada que se celebrará o 17 de novembro presencialmente en Santiago de Compostela sobre esta temática, organizada polo COTSG. O novo modelo de servizos sociais dende o Traballo Social é un documento no que se recollen as propostas da profesión para configurar un novo modelo de servizos sociais público. A webinar pretende ser unha aproximación a esta temática antes da xornada presencial en Santiago.

As inscricións á webinar son gratuítas e poden xestionarse neste link. A charla está aberta a persoas colexiadas no COTSG, que deben indicar o seu número de colexiación na inscrición. A asistencia á webinar non compromete ás participantes a asistir á xornada do 17 de novembro, puidendo escoller se participan máis adiante en dito evento.