Xa está dispoñible a segunda parte do documental do 40º aniversario, que repasa as catro décadas de historia da colexiación galega. O documental, dividido en catro partes, estreouse na Gala de Traballo Social, que en marzo celebrou o aniversario do COTSG.
Na canle de YouTube do COTSG xa se podía ver a primeira parte do documental, na que se recollen os inicios do COTSG, coas testemuñas das primeiras integrantes das Xuntas de Goberno, como Blanca Rodríguez, Felicitas Rodríguez e María del Carmen Viz. Podes ver esta primeira parte aquí.
Na segunda parte do documental abórdanse os anos 90, así como o inicio do século XXI. Nesta segunda entrega, abórdase o periodo entre 1997 e os inicios do século XXI, unha época na que se lograron avances como o sistema MATIASS, a inauguración da sede do COTSG, a publicación da revista Fervenzas ou a celebración do IX Congreso Estatal en Santiago de Compostela. Podes ver a segunda parte aquí.