Campaña sobre as novas oportunidades de APES
Data: Decembro 3, 2024

A Asociación para a prevención e a educación social (APES) leva a cabo a campaña ¡Yo creo en las segundas oportunidades’, que ten como obxectivo sensibilizar sobre a importancia que temos como cidadáns e cidadás na reinserción social das persoas que cumpren ou cumpriron unha condena. Dende a asociación, solicitan a colaboración da cidadanía cumprindo os seguintes pasos:

Paso 1: imprime a imaxe que acompaña esta nova
Paso 2: faiche unha foto
Paso 3: súbea a redes sociais
Paso 4: etiquétanos @apesasociacion e engade os hashtags:
#ApesSocial #15añosdeprevencion #creandosegundasoportunidades #reinserción prevención

Tamén podes pasar polas súas instalacións na rúa Marcelo Macías en Ourense para facerche a foto de forma presencial.