Repasamos as distintas iniciativas realizadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia ao longo do pasado mes de xuño.
Resumo de actividades do COTSG:
- 20.06.2023 O COTSG participa nunha webinar sobre a canle de denuncias organizada polo Consejo General del Trabajo Social
- 23.06.2023 – 25.06.2023 Representantes da Xunta de Goberno do COTSG participan na II Edición da Escola de Verán do Consejo General del Trabajo Social en Navarra. Tamén participan 5 persoas colexiadas, que recibiron unha bolsa do COTSG para a matrícula.
- 23.06.2023 – 30.06.2023 O grupo de Traballo Social Educativo, xunto ao COTSG, traballou nas aportacións para reclamar que o perfil social se incorpore nos centros educativos para asumir a figura de Coordinación de Benestar e Protección.
- 27.06.2023 Reunión do grupo de traballo COTSG de Servizos Sociais Comunitarios vía telemática. Na xuntanza, abordouse a realidade dos SS.SS Comunitarios, novas eivas e propostas sobre a práctica diaria e liñas de traballo futuras.
- 28.06.2023 Reunión do grupo de traballo COTSG de Saúde Mental. Na xuntanza, tratáronse propostas para a organización do evento cara o día da Saúde Mental e o documento sobre as función do Traballo Social en saúde mental.
- 28.06.2023 Reunión da Xunta de Goberno do COTSG.
Resumo de iniciativas enmarcadas en Defensa da Profesión do COTSG:
Recurso de reposición:
- Concello de Poio:
- Bases específicas para a creación de bolsas de emprego na categoría de Educador/a Familiar
- Recurso de Reposición por non incluír a titulación académica de Traballo Social de Galicia entre as requiridas para o acceso ao posto.
- Bases específicas para a creación de bolsas de emprego na categoría de Educador/a Familiar
Escrito de recomendación:
- Concello de Gondomar:
- Publicación das Bases que rexeran a convocatoria para a provisión de “Unha praza de asistente/a social xefe/a, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición libre”.
- Escrito de Recomendación para que subsane a nomenclatura do posto ofertado xa que as categorías profesionais deben de xeito preceptivo adaptarse ás titulacións oficiais existentes
- Publicación das Bases que rexeran a convocatoria para a provisión de “Unha praza de asistente/a social xefe/a, persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición libre”.
A formación en xuño:
Continúa aberto o prazo de inscrición para outras accións formativas do COTSG que se desenvolverán nos vindeiros meses:
- Traballo social en centros de atención a persoas maiores
- Intervención con persoas con discapacidade. Impacto da nova reforma
Publicáronse 22 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión.
Novas destacadas:
- O COTSG convoca 5 bolsas para a matrícula da II Edición da Escola de Verán do Consejo General del Trabajo Social
- Ante o recurso do COTSG, o Concello de Abadín inclúe o traballo social nas bases da praza de axente de emprego e desenvolvemento local
- O COTSG imparte charlas ao alumnado do grao en Traballo Social
- O COTSG reclama que o Traballo Social asuma a coordinación de benestar e convivencia nos centros educativos
- Solicitude da cota reducida de colexiación
- O Traballo Social Galego, presente na II Edición da Escola de Verán do Consejo General del Trabajo Social