Solicita a cota reducida de colexiación antes do 30 de xuño
Data: Novembro 25, 2024

Proximamente, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia tramitará os recibos do primeiro semestre de 2023. Dende o COTSG solicítase á colexiación que comprobe os seus datos bancarios na súa área privada e que solicite, se é o caso, a cota reducida. A continuación, detállase o importe das cotas, segundo a modalidade de pago escollida (anual ou semestral):

  • A cota ordinaria é de 75 euros ao semestre, en xuño e decembro, ou 150 nunha cota anual que se cobra en xullo.
  • A cota reducida é de 37,50 euros ao semestre (xuño e decembro).

As persoas colexiadas poden solicitar a cota colexial reducida ata o vindeiro 30 de xuño de 2023 a través da área privada da web do COTSG. Nese espazo, accederán ao seu perfil como persoa colexiada e na solapa bancos poderán realizar a modificación.

Os supostos aceptados na cota reducida son os seguintes:

  1. Persoas en desemprego. Inclúense os bolseiros/as.
  2. Persoas en activo cunha xornada laboral igual ou inferior a 20 horas semanais.
  3. Persoas en activo que ocupen un posto de traballo de categoría inferior á categoría 2 titulado/a universitaria/o medio.
  4. Persoas colexiadas que realicen a actividade profesional por conta propia no seu primeiro ano de alta como autónoma.

Na solicitude da cota reducida, as persoas colexiadas deben aportar a documentación xustificativa (vida laboral, contrato de traballo ou o documento que proceda en cada suposto). Para beneficiarse da cota reducida é obrigatorio solicitalo na área privada e aportar a documentación xustificativa antes do 30 de xuño. Non se terán en conta solicitudes feitas con anterioridade.