Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
BASES ESPECÍFICAS DOS PROCESOS SELECTIVOS DESTINADOS Á EXECUCIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO DE VIGO, DAS PRAZAS OFERTADAS POLO SISTEMA SELECTIVO DE CONCURSO. EXPTE. 41758/220
9. DIPLOMADO/A EN TRABALLO SOCIAL
I.- NÚMERO DE PRAZAS: 7
II.- CARACTERÍSTICAS DA/S PRAZA/S: En réxime funcionarial, enmarcadas no Grupo A, subgrupo A2; Escala, Administración especial; subescala Técnica; Clase, Media. Estarán dotada coas retribucións básicas correspondentes ao subgrupo A2 e as complementarias propias do posto de traballo ao que se adscriba as praza.
III.- CONDICIÓN DAS E DOS ASPIRANTES: Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomado/a en traballo social ou titulación equivalente que habiliten para o acceso á praza convocada segundo o disposto na vixente Relación de Postos de Traballo do Concello de Vigo ou estar en condicións de obtelo á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
10. DIPLOMADO/A EN TRABALLO SOCIAL
I.- NÚMERO DE PRAZAS: 1.
II.- CARACTERÍSTICAS DA/S PRAZA/S: En réxime laboral, equiparada ao subgrupo A2 para os efectos de titulación. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ao subgrupo A2 e as complementarias propias do posto de traballo ao que se adscriba as praza.
III.- CONDICIÓN DAS E DOS ASPIRANTES: Ademais das que figuran na base 4ª das xerais, as/os aspirantes deberán estar en posesión d título de diplomado/a en traballo social ou titulación equivalente que habiliten para o acceso á praza convocada segundo o disposto na vixente Relación de Postos de Traballo do Concello de Vigo ou estar en condicións de obtelo á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
