Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
¿Cales serán as túas principais funcións?
• Dirixir o servizo de axuda no fogar, supervisando o equipo de coordinadores/as e auxiliares.
• Participar na selección e formación continua do persoal técnico a cargo.
• Garantir o correcto funcionamento do servizo, resolvendo as posibles incidencias, optimizando recursos e implantando as accións de mellora necesarias.
• Control orzamentario do contrato
• Elaboración de informes
• Visitas domiciliarias
¿Que atoparás en EULEN Servizos Sociosanitarios?
• Contrato indefinido
• Incorporación inmediata e xornada laboral completa.
• Salario bruto anual: 31863,58 en 14 pagas
• A oportunidade que estás a buscar para desenvolver a túa paixón polas persoas dependentes nun servizo de axuda no fogar.
¿Que podes achegarnos?
• Buscamos diplomados/as ou graduados/as en Traballo Social
• Experiencia de polo menos 2 anos xestionando servizos, preferiblemente na rama de axuda no fogar.
• Residencia en Narón ou proximidades
• Carné de conducir e vehículo propio
• Coñecementos avanzados do paquete office e estar familiarizado co uso de plataformas específicas do sector
• Flexibilidade horaria
• Persoa con capacidade de organización, orientación a resultados e capacidade de liderado
As persoas interesadas, deberán enviar a súa cv actualizado e onde figure o seu lugar de residencia, indicando no asunto “Responsable de Servizos de Axuda no Fogar” a empleonoroeste@eulen.com
