GRUPO DE INTERVENCIÓN EN EMERXENCIAS SOCIAIS (GIES)
O GIES é un grupo de traballadoras e traballadores sociais colexiadas do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG). Ten formación específica para intervir en emerxencias e grandes catástrofes. É un proxecto pioneiro en Galicia e incorpora o Traballo Social á resposta institucional ante as emerxencias.
2025
Ano de creación
+80
Profesionais formadas na 1ª promoción
2028
Vixencia do convenio coa Xunta de Galicia
112
Activación a través do CIAE 112 Galicia

Unha emerxencia non remata cando se apagan as sirenas. Ten un compoñente socia moi importante antes, durante e sobre todo despois. O GIES nace para cubrir ese oco.
FUNCIÓNS
1
Apoio psicosocial
Atención inmediata ás persoas afectadas e ás súas familias.
2
Persoas vulnerables
Maiores, infancias e adolescencias, mobilidade reducida ou sen rede de apoio.
3
Recursos de urxencia
Aloxamento, manutencio e necesidades básicas.
4
Informe e orientación
Ponte entre a Administración, os corpos de emerxencia e a cidadanía.
5
Coordinación local
Cos concellos, centros de saúde e hospitais, para que a atención continúe despois.
6
Dó, perdas e recuperación.
Acompañamento no dó e nos procesos de recuperación.
PROTOCOLO
Como se activa?
1
Prodúcese unha emerxencia ou catástrofe de nivel 2
2
O CIAE 112 Galicia chama á persoa coordinadora do GIES.
3
A coordinación informa á Xunta de Goberno do COTSG.
4
Actívanse as persoas do GIES máis próximas ao lugar.
MARCO INSTITUCIONAL
Convenio coa Xunta de Galicia
O 19 de marzo de 2025, o COTSG e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, asinaron un convenio en materia de protección civil. Por primeira vez, o Traballo Social forma parte da estrutura do sistema de emerxencias en Galicia.
O PLATERGA recoñece o GIES como recursos necesario, e coa súa creación amplíanse os recursos do CIAE 112 Galicia.
O convenio, vixente ata o 31/12/2028 inclúe:
- Intervención directa en situacións de emerxencia.
- Planificación de medios e recursos.
- Elaboración de informes técnicos.
- Organización de actividades formativas.
- Participación en simulacros.
TRAXECTORIA
Do proxecto á acción
2024
Despois da DINA de Valencia, o COTSG retoma o proxecto, parado desde a pandemia, en reunións coa Dirección Xeral de Emerxencias.
Marzo de 2025
Sinatura do convenio coa Xunta de Galicia e apertura das inscricións.
Maio-xuño de 2025
Primeira formación: 31 horas en liña e dúas sesións presenciais na EGAP e na Academia Galega de Seguridade Pública.
20 de xuño de 2025
Presentación do GIES ás entidades locais na FEGAMP.
Último trimestre de 2025
Simulacros do PLATERGA: accidentes aéreos nos aeroportos de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, verteduras de metanol, incendio con nube tóxica en FORESA (Caldas de Reis). En coordinación con AXEGA 112, 061, Bombeiros, Garda Civil, Policía Nacional e Local, Protección Civil, Cruz Vermella e GIPCE.
2025-2026
Dispoñibilidade para colaborar nos incendios de Galicia e na crise migratoria de Ceuta, en coordinación co Consejo General del Trabajo Social.
ÚNETE
Requisitos
- Estar de alta no COTSG e ao día nas cotas colexiais.
- Ter dispoñibilidade e compromiso co grupo.
- Non estar xubilada/o ou con IT ou IP.
- Realizar as formacións gratuítas do COTSG.
- Participar nos simulacros e actividades convocadas.
Como inscribirse
1. Cubre o formulario de solicitude (Inscricións pechadas actualmente)
2. Achega o documento de compromiso asinado.
Máis información:
gies@traballosocial.gal | 981 568 100



























































