Alegacións do COTSG aos Xulgados de Primeira Instancia: Lei 8/2023 de apoio ás persoas con discapacidade
Data: Novembro 25, 2024

O COTSG ten constancia de que dende os Xulgados de Primeira Instancia se están efectuado requirimentos tanto ás titoras das persoas con discapacidade, como aos diferentes departamentos dos Servizos Sociais, para que ben aporten ou ben emitan Informes Sociais en procedementos para o apoio ás persoas con discapacidade en virtude do recollido na a Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, e tendo en conta a problemática que está xurdindo en relación ás devanditas peticións, este colexio vén de enviar un escrito ao Xulgado de Primeira Instancia coas seguintes alegacións:

  • Este Colexio profesional considera que outorgar mediante requirimento xudicial un prazo de entre 5 e 10 días (tal e como nos consta que se están esixindo dende os Xulgados de Primeira Instancia de diferentes partidos xudiciais de Galicia) para que se aporten os Informes Sociais preceptivos, resulta un tempo extraordinariamente curto e insuficiente para a realización deste fundamental trámite, sobre todo se temos en conta a situación na que se atopan na actualidade os Servizos Sociais Comunitarios, existindo unha grave saturación na atención ás persoas usuarias e longas listas de agarda para poder obter unha cita coas profesionais de referencia.Entendemos que se está ocasionando indefensión ás persoas con discapacidade, tendo en conta a imposibilidade material de poder cumprir correctamente cos prazos estipulados nas resolucións xudiciais, debendo ser as propias Administracións Públicas, e non a cidadanía en situación de maior vulnerabilidade, as que en todo caso teñan que garantir e asegurar os medios materias e persoais suficientes para a correcta prestación dos servizos públicos e o cumprimento da lexislación nesta materia.
  • A Lei 8/2021, do 2 de xuño, fai que tanto o diagnóstico social, como a figura da Traballadora Social adquiran un papel determinante neste novo sistema de provisión de apoios ás persoas con discapacidade. Pola súa banda, nas conclusións das Xornadas de Fiscais Especialistas das Seccións de Atención a Persoas con Discapacidade e Maiores, celebradas en Madrid os días 27 e 28 de setembro de 2021, recóllense en canto á tramitación ou obxecto das dilixencias procesuais, que o informe social poderá “solicitarse aos traballadores sociais do lugar de residencia da persoa; ao traballador social da institución socio-sanitaria onde poida estar a residir, ou a calquera outros recursos que poidan realizar este informe, xa sexan servizos autonómicos, provinciais ou municipais, co contido apuntado no ANEXO V, podendo tamén recorrer ás entidades do Terceiro Sector de Acción Social”.Con isto, constátase que tanto para a implementación, execución e seguimento será necesario contar con profesionais especializados dos ámbitos social e sanitario, e que preferiblemente estes profesionais deban ser coñecedores/as do entorno e da realidade social das persoas que precisen valorar as medidas de apoio, polo que consideramos que se debe apostar por servizos de proximidade.

    Pola súa banda, nas conclusións das Xornadas de Fiscais Especialistas das Seccións de Atención a Persoas con Discapacidade e Maiores, celebradas en Madrid os días 27 e 28 de setembro de 2021, recóllense en canto á tramitación ou obxecto das dilixencias procesuais, que o informe social poderá “solicitarse aos traballadores sociais do lugar de residencia da persoa; ao traballador social da institución socio-sanitaria onde poida estar a residir, ou a calquera outros recursos que poidan realizar este informe, xa sexan servizos autonómicos, provinciais ou municipais, co contido apuntado no ANEXO V, podendo tamén recorrer ás entidades do Terceiro Sector de Acción Social”.

    Con isto, constátase que tanto para a implementación, execución e seguimento será necesario contar con profesionais especializados dos ámbitos social e sanitario, e que preferiblemente estes profesionais deban ser coñecedores/as do entorno e da realidade social das persoas que precisen valorar as medidas de apoio, polo que consideramos que se debe apostar por servizos de proximidade.

  • Con todo, están a chegar ante este Colexio profesional diferentes reclamacións e queixas pola premura nos prazos que dende os Xulgados de Primeira Instancia se están a requirir para que se aporten ou se emitan os Informes Sociais preceptivos que acabamos de referenciar.Compartimos plenamente que en todo caso se deben evitar as dilacións e os prexuízos que puidesen supoñer unha demora inxustificada na tramitación do proceso á persoa con discapacidade, pero, con todo, isto non pode implicar que se requira para que se aporten ou emitan os informes sociais en prazos extremadamente breves, resulta inasumible para as profesionais do Traballo Social, xa que esta tipoloxía de Informes sociais requiren dun seguimento pormenorizado e exhaustivo, sen que se poda relegar a un simple informe emitido como mero trámite que non valore de xeito integral a situación, se o que efectivamente se pretende é garantir os dereitos das persoas especialmente vulnerables e atender mellor ao fin último da norma e das reformas operadas neste sentido que dan cumprimento ás recomendacións internacionais
  • Este Colexio profesional, como órgano encargado de velar pola defensa da profesión e dos dereitos e intereses das persoas colexiadas que o conforman, pero tamén das persoas usuarias das mesmas, quere incidir na necesidade de reforzar os sistemas onde está presente a figura do Traballo Social, especialmente aqueles que se atopan nunha situación de sobrecarga de traballo ou saturación e que non contan cos medios persoais nin materiais adecuados e suficientes para unha correcta prestación do servizo, resultando especialmente grave, baixo o noso entender, o establecemento de prazos tan curtos de tempo para dar cumprimento aos requirimentos xudiciais nesta materia.Entendemos que para lograr un Sistema Público de Benestar sólido, integrado e coherente, se debe visualizar a atención das persoas dun xeito transversal e integral, onde cada sistema atenda as propias situacións de vulnerabilidade social en coordinación cos outros sistemas de provisión e, neste senso, consideramos que a solución pasa polo impulso e creación de Oficinas de Atención Social, o que implicaría que as e os Traballadores sociais actuarían como profesionais de enlace entre os Xulgados e os organismos e servizos de protección social e instrucións e servizos asistenciais, pretendendo un tratamento integral do problema social detectado, xa que en todo caso, as e os profesionais encargados de realizar os devanditos Informes, deberán ser coñecedores/as do entorno e da realidade social das persoas que precisen valorar as medidas de apoio para ofrecer a mellor solución posible para as súas necesidades particulares.