Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
A Alcaldía, mediante a Resolución do 16 de setembro de 2022, aprobou as bases polas que se rexerá o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente unha persoa técnica de orientación laboral por un período de doce meses.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello, de 8.00 a 14.30 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP.
As solicitudes recollerán os requisitos que establecen as bases, que se atopan á disposición do público nas oficinas municipais, na sede electrónica do Concello (boboras.sedelectronica.es) e na páxina web (www.boboras.gal).
20220916_Outros_BASES DO PROCESO SELECTIVO DE ORIENTADOR_A LABORAL
