Entidade Ofertante

Persoal Técnico de Integración Socio- laboral. Coruña e Vigo

Entidade Ofertante

Fundación Meniños
Descrición do posto:

Responsabilidades:
• Creación, organización e dinamización de grupos motores de emprego coas persoas usuarias dos programas de Fundación Meniños
• Activación de procesos de transformación que mobilicen as capacidades das persoas usuarias
• Adestramento en habilidades para a procura activa de emprego
• Capacitación en competencias dixitais para a inclusión social -laboral e manexo de ferramentas de emprego na Web
• Incorporación de persoas voluntarias ao proxecto, formación, coordinación e supervisión das mesmas
• Cumprimento estrito co código deontolóxico da súa profesión e cos valores e argumentario de FUNDACIÓN MENIÑOS.

Tarefas Principais:
• Programación, implementación e rexistro das sesións formativas do Grupo Motor de Emprego

• Dinamización e apoio ao grupo nos seus propios procesos de creación e establecemento de obxectivos
así como na definición de normas e tarefas, fomentando o coñecemento mutuo, a cohesión grupal
• Apoio e seguimento individualizado das persoas usuarias nas tarefas propias da procura de emprego. Elaboración de plans de inclusión laboral
• Coordinación interna cos técnicos responsables de cada caso, cos coordinadores de cada delegación e coa Dirección da entidade
• Coordinación cos distintos axentes sociais xestores de emprego na provincia e elaboración de rexistro de ofertas de emprego e formación semanal.
• Elaboración de informes de seguimento mensual e envorcado de información na BBDD da Fundación
• Elaboración da memoria final do proxecto
• Captación, formación, tutorización e seguimento das persoas voluntarias participantes no proxecto así como coordinación cos distintos axentes sociais de xestión de voluntariado

• Realizar as tarefas transversais a toda a organización de obrigado cumprimento para todo o equipo humano (protección de datos, riscos laborais e outras).
• Aqueloutras tarefas que lle sexan asignadas nos procedementos e / ou as encomendadas pola persoa de quen dependa ou a Dirección Xeral.

Formación Requirida: Titulado de grao medio en Educación Social e/o Traballo Social, Ciclo Superior de Integración Social. Coñecemento e manexo dos diferentes recursos de inclusión socio – laboral. Manexo das ferramentas informáticas e web. Formación específica en incorporación socio -laboral.

Experiencia Laboral: Experiencia na inclusión socio- laboral de persoas en risco de exclusión
social. Experiencia como docente e /o dinamizador de grupos.

Outros requisitos: Os especificados na convocatoria de selección de persoal segundo necesidades
da Fundación.

Para enviar a túa candidatura, consulta o arquivo adxunto a esta oferta. 

Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización:

Contacto