Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Número de vacantes: 2
Experiencia mínima: Non requirida
Estudos mínimos: Ciclo Formativo ou Grao Superior
QUEN SOMOS?
INNOVA somos unha empresa de formación e-learning especializada no sector psicosocial, socioeducativo e do benestar animal.
QUE BUSCAMOS?
Buscamos un/a Técnica/o de Formación para as nosas tres plataformas de formación on-line:
www.institutosiac.es
www.talentiaformacion.com
www.animaliaformacion.com
CALES SON AS FUNCIÓNS DO POSTO?
• Deseño e tutorización de accións formativas, así como xestión e seguimento da formación.
• Elaboración e revisión de contidos pedagóxicos.
• Estruturación e maquetación de materiais didácticos.
• Xestión e configuración do Campus Virtual.
• Tramitación de solicitudes en sedes electrónicas e outras xestións administrativas.
• Contacto con centros para a realización de prácticas formativas.
• Creación de pílulas audiovisuais formativas.
• Creación de contido en redes sociais.
• Asistencia a reunións de equipo e coordinación con distintas áreas.
QUE HABILIDADES NECESITAMOS?
Este traballo é para ti se es unha persoa responsable, organizada e constante con:
• Actitude proactiva e dinámica
• Capacidade de adaptación e polivalencia
• Desenvolvidas habilidades comunicativas
• Capacidade de autoxestión e toma de decisións
• Capacidade para traballar en equipo
• Axilidade na xestión e resolución de problemas
• Orientación ao alumnado
QUE SE VALORA?
Valoraremos positivamente que contes con coñecementos e/o experiencia laboral en:
• Xestión de formación bonificada (FUNDAE).
• Deseño e xestión de proxectos socioeducativos.
• Experiencia profesional no sector e-learning.
• Experiencia laboral en traballo con plataforma LMS Moodle.
• Coñecementos de Rise 360, Activate ou outras aplicacións para a creación de contidos tecno-pedagóxicos en SCORM.
• Coñecementos de ofimática e programas informáticos.
• Coñecementos en redes sociais.
QUE OFRECEMOS?
• Contrato indefinido
• Xornada intensiva de mañá (de Luns a Venres de 08:00h. a 15:00h.)
• Contorna de traballo creativo e enriquecedor
• Traballo en equipo con metodoloxías áxiles (SCRUM)
• Traballo presencial en instalacións modernas (nosas oficinas están á beira de Praza de Lugo na Coruña)
• Formación específica do posto a cargo da empresa
• Estabilidade laboral
Podes enviar o teu CV a info@innovamos.gal
