Entidade Ofertante
Entidade Ofertante
Precísase o perfil de traballador/a social para os centro de día de Pobra do Caramiñal e Porto do Son a 20 h/s en respectivos centros (total 40 h/s). INCORPORACION INMEDIATA 18/05/2022. O prazo máximo para a recepción dos curriculums é na mañá do día 13/05/2022. A dirección de correo electrónico o cal se deben remitir os cv é cd.apobra@cogami.gal
As funcións a realizar serían as seguintes:
- Participar no plan xeral de actividades do centro
- Planificar e organizar o traballo social do centro mediante a programación de obxectivos e racionalizacións do traballo.
- Atención e asesoramento a familias
- Realizar as xestións necesarias para a resolución de problemas sociais que afecten as persoas usuarias, principalmente coas entidades e institucións locais.
- Executar as actividades administrativas necesarias.
- Xestión do catering e transporte.
- Participar nas áreas de ocio e tempo libre, formación e información á familias.., nas materias da súa competencia
- Realizar actividades de psicomotricidade, linguaxe, dinámicas e rehabilitación persoal e social as persoas usuarias.
- En xeral, todas aquelas actividades non especificadas anteriormente que lle se pida e que teñan relación co anterior.
