Entidade Ofertante
Prospector/a e Orientadora Laboral
Entidade Ofertante
Descrición do posto:
Necesítase persoal para traballar en entidade do terceiro sector, realizando as seguintes tarefas, dentro de diferentes programas de emprego:
– Realización de accións de difusión e selección das persoas beneficiarias dos diferentes programas de inserción laboral.
– Realización individualizada de informes e documentación xustificativa das accións con cada un dos usuarios/ as.
– Captación e contacto con empresas interesadas en colaborar no programa.
– Itinerarios e accións de inserción laboral entre usuarios/ as e empresas.
– Xestión administrativa e de memorias dos proxectos.
Ofrécese contratación a xornada completa, cunha duración inicial ata o mes de decembro, coa posibilidade de ampliación.
Valorarase estar en posesión de titulación de Licenciatura /Diplomatura ou Grao en Psicoloxía, Educación Social, Traballo Social ou Psicopedagoxía.
Con dispoñibilidade de incorporación inmediata.
Localización: Ourense
Forma de contacto: As persoas interesadas poden remitir o seu currículo actualizado a: orientacion.laboral@cimo.org
Tipo de emprego: Privado
Ir a oferta:
Localización: Ourense
