Traballo Social sanitario xa!
Data: Decembro 10, 2024
O Consejo General del Trabajo Social lanzou a campaña #TRABAJOSOCIALSANITARIOYA á que queremos sumarnos desde o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.
👉 Pódela consultar aquí: https://cutt.ly/ebd2mm4
👉 Podes unirte á campaña de forma individual aquí ‼‼🛑🛑‼‼: https://cutt.ly/Fbd9gQ8
As traballadoras e os traballadores sociais que exercen en centros de saúde (hospitais, saúde mental, atención primaria…) non teñen a consideración de persoal sanitario a pesar do seu ámbito de intervención.
Lembremos que para a OMS a saúde é un estado de perfecto, e por tanto completo, benestar físico, mental e social. A ausencia de doenza non é sinónimo de saúde, e o proceso de intervención social destas traballadoras e traballadores é parte integral dos labores do sistema sanitario.
👉 Queremos que o Ministerio de Sanidade recoñeza que o labor que o persoal de Traballo Social realiza no seo do sistema sanitario é, por natureza, un traballo sanitario.
👉 A urxencia desta consideración faise patente cando o acceso á vacinación e a cobertura inmunolóxica fronte á COVID-19 é sistematicamente denegada ao persoal de Traballo Social e por extensión ás persoas usuarias dos servizos sociais sanitarios.