A ONU designou dende o ano 2023 o día 29 de outubro como día internacional dos coidados e do apoio . Como a recente data do seu recoñecemento indica, é recente a atención que se lle presta a este concepto, fundamental para a vida humana. Os coidados informais por unha parte, están invisibilizados e cargan con eles, sobre todo, mulleres e nenas que sofren como consecuencia a diminucións das posibilidade de formación, integración social e a submisión dos seu proxecto vital en favor de outras persoas.
Os coidados profesionalizados, pola súa parte, son un sector económico de máxima importancia, pero con unhas condicións de traballo precarizadas. Este é un fenómeno internacional que provocou que a Organización Internacional do Traballo se implique nesta celebración intensificando as medidas para intentar garantir condicións de traballo dignas, ante a previsión dun aumento mundial de traballadores e traballadoras domesticas.
Este fenómeno global ten unha evidente actualidade na situación dos sistemas de coidados en Galicia, que para nada nos son alleos, tanto as dificultades e peaxes que se pagan polos coidados informais, como as situacións de precariedade dos coidados profesionais.

