O martes 21 de outubro publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a convocatoria da Segunda Edición dos Premios Sociais.
Con esta II Edición dos Premios Sociais, perséguese recoñecer e premiar o traballo de persoas, entidades e proxectos que destaquen polo seu compromiso na defensa dos dereitos humanos e no apoio aos colectivos máis vulnerables.
Animámosvos a todas as persoas colexiadas a participar nesta II Edición dos Premios Sociais que se crea co obxectivo de destacar e valorar o voso esforzo, dedicación e traballo en prol dunha sociedade máis xusta e solidaria. Procuremos visualizar a figura de compañeiras e compañeiros destacadas no eido de Pontevedra, así como os proxectos e entidades dos que formamos parte.
Podes ver aqui as BASES
Para participar na convocatoria, é necesario presentar a solicitude por vía electrónica, a través deste ENLACE
O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 21 de novembro.

