Social Work Fest 2025
Data: Setembro 29, 2025

✨ O 26, 27 e 28 tivo lugar en Moraira o I Social Work Fest, un encontro con máis de 200 mozas e mozos de toda España.💬🌍

O primeiro día na inauguración estivo Rubén Pérez Correa, secretario de Estado de Mocidade e Infancia, e co apoio de referentes do Traballo Social como Emiliana Vicente, Presidenta do @cgtrabajosocial , Maite López Baeza, Presidenta do @cotsalacant e Juan Carrión, Presidente do @trabajosocialmurcia

🌙 O momento máis emotivo: a acción nocturna en solidariedade co pobo palestino, iluminando a súa bandeira e esixindo o fin do xenocidio. A mocidade fixo soar a súa voz por un mundo máis xusto, en paz e solidario. Seguimos!  Os 36 colexios profesionais de Traballo Social fixeron unha achega solidaria de máis de 19.000€ a @aid_for_gaza, que actúa directamente en Gaza apoiando a crianzas e familias.

No segundo día entre outras actividades destacamos a de “Servizos sociais e comunitarios desde unha perspectiva crítica”, un espazo para reflexionar sobre o papel transformador do traballo social.

🗣️ A intervención correu a cargo de:

  • Ana María Vilar, vicepresidenta do COTSG.

  • Marta Alguacil, vicepresidenta e tesorera do Consejo General del Trabajo Social (CGTS).

Ambas puxeron en valor a necesidade de analizar os servizos sociais comunitarios desde unha mirada crítica, defendendo un modelo máis participativo, próximo e transformador, orientado á xustiza social e á garantía de dereitos.

Noutra das actividades, o COTSG estivo representado por María Olivares, técnica do Colexio, quen participou na Cápsula do Saber sobre conexión e cohesión grupal. A nosa intervención centrouse en destacar a importancia dos procesos de cohesión nos grupos, como ferramenta clave para xerar apoio mutuo, fortalecer vínculos comunitarios e favorecer procesos de inclusión social.

A xornada concluíu nun ambiente lúdico e de convivencia, con concertos nos que bailamos e gozamos, acompañados tamén de sesións de tatuaxes, cea compartida e outras actividades que reforzaron os lazos de unión e celebración entre todas as persoas participantes.

Podes ver o programa completo no seguinte enlace SocialWorkFest