Grupos de Traballo
Data: Xullo 7, 2025

Os Grupos de Traballo son espazos para a reflexión, a participación e o avance profesional colectivo, queres formar parte?

Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia promovemos a creación e dinamización de Grupos de Traballo como espazos colaborativos orientados a fortalecer a profesión desde a base colexial. Estes grupos teñen como obxectivo favorecer o encontro entre profesionais, fomentar o intercambio de experiencias, abordar retos comúns e avanzar na construción colectiva de coñecemento e propostas dende diferentes ámbitos do Traballo Social.

Na actualidade, están activos os seguintes Grupos de Traballo: Feminismos – Educación – Sanidade – Saúde Mental – Servizos Sociais Comunitarios – Exercicio Libre – Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Recentemente, tamén puxemos en marcha novos grupos que responden a intereses emerxentes na realidade social:
Ecosocial – Transdisciplinar – Migracións

Ademais, mantemos aberta a posibilidade de crear novos grupos segundo as demandas e propostas das colexiadas. Se tes interese en participar en algún dos grupos existentes ou queres impulsar un novo espazo de traballo temático, podes poñerte en contacto connosco no seguinte correo grupodetraballo@traballosocial.gal ou inscribirte direcatamente neste enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScECeda5zdsu-l_XPP9pPe8t_teGTjyTm8I5Q1bE7kbM59kxQ/viewform?usp=header

Estes grupos son unha oportunidade para sumar, compartir, aprender e facer medrar a nosa profesión. A túa participación é benvida.