Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas no COTSG durante o xullo 2024:
15.07.2024 Reunión interna para mellorar a Área privada da WEB.
16.07.2024 O COTSG asiste ao Observatorio galego de Violencia de Xénero da Xunta de Galicia.
23.07.2024 Reunión con Carmina Puig, experta en Supervisión, e Francisco Aguiar, profesor de Traballo Social na UVIGO, para comezar a traballar este ámbito na nosa comunidade.
24.07.2024 Reunión de Formación para a posta en marcha do Curso de ética en intervención social.
29.07.2024 Elena Gómez, vogal da Xunta de Goberno, acude ao Consello de Benestar social.
DEFENSA DA PROFESIÓN
- O COTSG elabora e aporta alegacións ao Proxecto de Orde pola que se desenvolve o Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
- O documento ten como obxectivo analizar e propoñer melloras no Sistema de Atención á Dependencia en Galicia, abordando as necesidades identificadas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG). Ao longo dos anos, o sistema actual ten demostrado ser insuficiente para cumprir cos principios establecidos pola Lei, tales como a universalidade no acceso, a atención integral e integrada, e a inclusión da perspectiva de xénero, entre outros.
- O COTSG, coa súa ampla experiencia e profundo coñecemento da realidade social, propón unha serie de consideracións e recomendacións destinadas a transformar o sistema de atención e coidados. Estas propostas buscan non só optimizar a calidade dos servizos, senón tamén garantir unha atención máis equitativa e centrada na persoa, adaptada ás particularidades de cada territorio e as necesidades específicas da poboación galega.
- Esta análise estrutúrase en diversas áreas crave, destacando a importancia da ampliación da rede de servizos públicos, a adaptación de políticas innovadoras e conciliadoras, e o reforzo do persoal cualificado. Ademais, sublíñase a necesidade de mellorar a coordinación interadministrativa, establecer indicadores de calidade que certifiquen a eficiencia do sistema e simplificación do Informe social.
- Consello Galego de Benestar:
-
- O COTSG acude á reunión do Consello Galego de Benestar na Xunta de Galicia e puxo en valor a necesidade urxente de reformar e fortalecer o sistema de dependencia en Galicia, resaltando os seguintes puntos críticos: Máis investimento en servizos públicos; incrementar persoal especializado; atención personalizada; coordinación; distorsión nas prestacións económicas de oficio; tempos de espera; necesidade de simplificar o informe social, etc.
- Alternativas sobre o uso do Certificado persoal na actividade laboral (+info)
- Comunicado menores de idade migrantes non acompañados (+info)
- O COTSG reclama a titulación de Traballo social na praza de Educación Familiar no Concello de Pobra de Caramiñal (+info)
- O COTSG participa no Protocolo de Actuación contra as violencias sexuais e LGBTIFÓBICAS nos espazos de lecer nocturnos
O COTSG NO PARLAMENTO
A responsable e vogal de Xunta de Goberno da área de Educación, Laura Zapata, e o coordinador do COTSG, David Gontán, reúnense con Cristina Fernández Davila, onde tratouse o proxecto de Traballo Social educativo.
Ademais, informamos do actual contexto nas escolas galegas e da nosa preocupación ante a desaparición das prazas de Traballo social nos EQUIPOS DE ORIENTACIÓN ESPECÍFICA.
A parlamentaria Fernández Davila indica que levará ao parlamento esta cuestión.
O BLOG DO COTSG
- ARTUR ROMAN: “O Traballo Social nos Servizos de atención das emerxencias e grandes catástrofes” (+INFO)
- XENOVEVA CORDEIRO: “As intervencións deben estar asentadas nas propias forzas e recursos da comunidade” (+INFO)