RESUMO MENSUAL MAIO 2024
Data: Novembro 24, 2024

RESUMO MENSUAL MAIO 2024

Repasamos todas as actividades e actuacións realizadas no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia durante maio 2024. Este mes estivo marcado pola nosa anual Asemblea Xeral, onde compartimos coñecementos e tecemos redes coa colexiación, así como a celebración das IV Xornadas de Traballo Social e Saúde e a organización da próxima III Escola de Verán!

REUNIÓNS

05.05.2024 Reunión co Consello Xeral da III Escola de verán.

07.05.2024 Reunión Comité Organizador e COTSG das Xornadas de Traballo Social e Saúde.

08.05.2024 Reunión do Grupo De traballo e Inclusión.

09.05.2024 Celebración das IV Xornadas de Traballo Social e Saúde na cidade de Ourense

11.05.2024 Taller de apoio de autocoidado.

13.05.2024 As técnicas do COTSG, María Olivares e David Gontán, acoden ás Xornadas sobre Orientación e Saídas profesionais para o Traballo Social 2024 na Universidade de Vigo – Facultade de Traballo Social

14.05.2024 Reunión de Grupo de Traballo e feminismos

22.05.2024 Reunión co Consello Xeral: Organizar os Sellos de calidade para os colexios profesionais

23.05.2024 O COTSG participa na Escola Universitaria de Traballo Social para compartir coñecementos co alumnado e potenciar as carreiras no ámbito social (+info)

28.05.2024 Asemblea Xeral do Colexio profesional (+info)

29 e 30.05.2024 Encontro COLLEGIUM en Madrid con todas as profesionais técnicas dos colexios profesionais estatais: Tecer redes e compartir sinerxias para mellorar a atención á colexiación.

31.05.2024 Miriam Rodríguez, presidenta do COTSG, acude á Graduación da facultade de Traballo social da universidade de Ourense (+info)

 

DEFENSA DA PROFESIÓN

  • O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia (COTSG) e a Confederación Anpas Galegas uníronse nunha acción conxunta para abordar unha preocupante situación no ámbito educativo da nosa comunidade (+info).
  • Recurso de Reposición ao Concello de Arteixo: Posto de Técnico de planificación social
  • Traballo do MAPEO de prazas de Traballo Social no SERGAS. Liña estratéxica do COTSG e do Consello Estatatal para presentar na Consellería de Sanidade.
  • Tras as numerosas consultas e solicitudes das persoas colexiadas respecto ao uso do seu certificado dixital persoal na súa labor profesional, este colexio profesional está a traballar en conxunto coa Xunta de Galicia a prol da mellora e cambio desta situación.

 

XORNADAS

  • IV XORNADA DE TRABALLO SOCIAL E SAÚDE: Saúde, comunidade e Traballo social sanitario

 

  • I XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL EDUCATIVO: A peza que falta! 

 

O COTSG NO PARLAMENTO 

 

O BLOG DO COTSG 

Eloína Ingerto (col. 1448), Tania Cobas (col.1775) e Héctor López (col.1985) Traballadoras Sociais de Fundación Juan Soñador, achéganse ao blog do COTSG para falarnos da práctica do Traballo Social dende as entidades do terceiro sector da acción social. Os dereitos sociais da cidadanía e a colaboración e traballo coordinado co sector público son as liñas maestras que nos propón desta área dos servizos sociais.

“Necesidade da profesionalidade na intervención social como motor de aquisición de dereitos por parte das persoas”.

 

NON PERDAS O CONTIDO INTERESANTE DA NOSA CANLE DE YOUTUBE! 

  • WEBINAR TRABALLO SOCIAL E MÚTUAS
O pasado martes 14 de maio de 2024, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e a FREMAP organizaron unha Webinar sobre o Traballo Social en Mutuas ca colaboración das traballadoras sociais Paula Crespo e María José Vilela, unha xornada na cal se trataron temas como o Traballo Social en Mutuas, Traballo Social Sanitario, aboradaxe en emerxencias e acompañamento en duelo entre outras.