O día 15 de maio é o día internacional das familias, este ano co lema “Políticas orientadas á familia para o desenvolvemento sostible: cara a Segunda Cumbre Mundial sobre Desenvolvemento Social 2025″ .
Este lema de2025 destaca a necesidade de integrar políticas centradas nas familias dentro das axendas nacionais de desenvolvemento. As familias son a base da cohesión social, a erradicación da pobreza e o benestar xeral das comunidades.
Poñer o foco nas políticas orientadas ás familias, facilita que os gobernos poden abordar desafíos como a pobreza e a exclusión, educación, a saúde, a dependencia ou a diversidade. Porque as familias son diversas, e na nosa sociedade están en cambio constante, emerxen necesidades e situacións descoñecidas ou residuais ate tempos recentes. Así a soidade non desexada, os dereitos das persoas LGBTI+, a integración das persoas con discapacidade, …. son cuestións que nos últimos anos ganaron centralidade social, reclamando atención, recursos e servizos. Pensar nas familias cando se deseñan as liñas de actuación política e administrativa é un bo sistema para atender estas e outras demandas similares.
O benestar da variedade de familias é fundamental para lograr os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) establecidos pola ONU.