A ONUSIDA, escolleu como lema para o día mundial da SIDA do ano 2024 “Sigamos pola senda do dereitos”, destacando a idea de que a educación, a prevención e o tratamento da SIDA é un dereito para toda a poboación do mundo.
O mundo pode rematar coa SIDA se se protexen os dereitos de todas as persoas. Cos dereitos humanos no centro, coas comunidades á cabeza, o mundo pode rematar coa SIDA como ameaza para a saúde pública para o ano 2030.
A dimensión social da saúde é indiscutible e xa dende o comezo desta pandemia os traballadores e traballadoras sociais estivemos, e seguimos estando, na primeira liña da atención ás persoas portadoras de VIH ou enfermas da SIDA, atendendo ás múltiples consecuencias de índole social que aínda á acompañan. Preto tamén na prevención da transmisión do VIH incidindo dende moitos servizos nas prácticas que a provocan e reforzando as habilidades e competencias persoais e colectivas para ser menos vulnerables.
Por último lembrar o espectacular cambio que se produciu nos últimos 30 anos na percepción social desta doenza, no que o Traballo Social tivo unha importante responsabilidade.
Por todo isto, debemos seguir indo pola senda de asegurar dos dereitos sanitarios e sociais, que cando falamos de saúde pública, ou son para todos e todas ou non son reais para ninguén.