📅 O 17 de setembro o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia mantivo un encontro moi produtivo coa Presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Sandra María Piñeiro Vilas 👩⚖️
👤 En representación do COTSG asistiu Isabel Sánchez Fernández, Xefa de Servizo de Traballo Social da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
🗣️ Neste primeiro achegamento falamos sobre:
🔎 As principais inquedanzas do traballo social en relación coa xustiza
🤝 Melloras na coordinación entre profesionais
📊 Necesidades prioritarias que requiren atención
💚 Un paso importante para poñer o traballo social no centro e avanzar cara a unha xustiza máis humana e próxima ás persoas.
#TraballoSocial #Xustiza #COTSG #Lugo #Dereitos #IntervenciónSocial #Coordinación

