O CONVIVE.COMigo é un programa da Asociación ARELA, en convenio coa Consellería de Política Social, que busca persoas ou familias dispostas a acoller temporalmente a adolescentes que, por resolución xudicial, deben convivir fóra do seu fogar de orixe. É unha oportunidade para ofrecerlles un contorno seguro, positivo e educativo que lles axude a mellorar a súa convivencia e abrir novas posibilidades de futuro.
Estes mozos e mozas chegan ao programa porque un Xulgado de Menores, tras valorar a súa situación, considera que a integración nun novo entorno familiar pode favorecer cambios persoais e sociais. Durante a convivencia, a persoa adolescente conta tamén co apoio dun equipo educativo especializado, que traballa paralelamente coa súa familia de orixe para mellorar a relación e favorecer o regreso ao fogar.
As familias ou persoas acolledoras reciben:
✔️ Formación e acompañamento continuo por parte de profesionais.
✔️ Apoio técnico e emocional durante a convivencia.
✔️ 40 € diarios para cubrir os gastos da acollida.
Na provincia de Pontevedra xa existe un pequeno banco de familias acolledoras, diverso pero cun trazo común: o desexo de axudar a adolescentes que precisan unha segunda oportunidade.
🔗 Máis información en www.arela.org
📞 Tel. 604 038 672
📩 convive@arela.org
https://arela.org/programa-convive-comigo/

