Dende o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia sabemos que o mundo está cambiando e a nosa profesión tamén! 💻✨
Xa está en marcha o curso de Competencias Dixitais para Traballadoras Sociais a nivel estatal, e temos unha boa noticia para ti: AÍNDA QUEDAN PRAZAS!
Se queres optimizar o teu día a día, mellorar a atención ás persoas e dominar as ferramentas dixitais, esta é a túa oportunidade.
Que atoparás neste curso?
✅ Formación transversal específica con contidos deseñados para profesionais do Traballo Social.
✅ Sesións en liña e teleformación para que poidas aprender ao teu ritmo, dende onde queiras, con clases en directo e material interactivo.
✅ 100% Gratuíto xa que é unha aposta pola actualización do noso sector.
🔗 Podes realizar a túa inscrición na web de unión profesional https://upro.es/ ou podes enviar un correo a competenciasdigitales@cgtrabajosocial.es para máis información

