O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia convoca a todas as profesionais colexiadas a participar na manifestación nacional do domingo 5 de outubro. Sumarémonos á Manifestación Nacional Galicia con Palestina para alzar a voz ante dous anos de xenocidio e 77 anos de ocupación. 📣 Como profesión comprometida cos dereitos humanos, a xustiza social e a defensa da dignidade das persoas, o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia chama ás súas profesionais colexiadas a sumarse de forma activa a esta mobilización. 👉 Punto de encontro: 11:45 h, Palco da Alameda, Santiago de Compostela
👉 Hora da manifestación: 12:00 h desde a Alameda
🌍 Por que é importante?
-
Denunciamos dous anos de xenocidio en Palestina.
-
Sumamos a nosa voz contra 77 anos de ocupación e vulneración sistemática de dereitos.
-
Reivindicamos unha sociedade galega comprometida coa solidariedade internacionalista e coa defensa da vida.
#GalizaConPalestina #TraballoSocial #Solidariedade #DereitosHumanos #XustizaSocial https://mardelumes.org/2-anos-de-xenocidio-77-anos-de-ocupacion/

