Organizacións sociais, sindicais e políticas —entre elas o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia— lanzamos hoxe a plataforma #EmerxenciaDependencia para denunciar os recortes e o colapso do sistema galego de atención á dependencia.
💔 Máis de 55 persoas faleceron en 2025 agardando polos seus dereitos. A media de agarda supera os 393 días, hai 1.700 persoas sen prestación recoñecida e dende 2017 xa morreron máis de 7.000 galegas e galegos na lista de espera.
📊 A pesar de que a Xunta presume de ter resolto 56.000 expedientes neste 2025, a realidade é que o sistema segue a chegar tarde para milleiros de persoas en situación de dependencia.
📆 O 17 de novembro convocamos concentración diante do Parlamento de Galicia, coincidindo co debate dos Orzamentos 2026, para reclamar:
✊ Un sistema público galego forte,
💶 Máis recursos,
👩⚕️ Máis persoal,
🏠 Servizos dignos para todas as persoas en situación de dependencia.
🔗 Súmate, comparte e fai que esta realidade sexa visíbel. A dependencia non pode agardar!
Noticias de interese:
https://www.rtve.es/play/audios/galicia-informativos/cronica-galicia-14-10-22-09-25/16739269/

