👥✨ Nova Comisión para o estudio de baixas e seguemento da colexiación obrigatoria
Data: Agosto 29, 2025

📅 O pasado martes celebrouse a primeira xuntanza da nova Comisión interna do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

🪑Un órgano creado para reforzar a transparencia, responsabilidade e bo funcionamento da nosa institución.
➡️ As función son estudar as solicitudes de baixa das persoas colexiadas, e promover un protocolo de baixas axustado á realidade xurídica da colexiación obrigatoria.

 

👩‍💼 Integrantes da Comisión:

👩‍💼 Miriam Rodríguez, presidenta
💰 Antonio Doval, tesoureiro
📝 Cristina Díaz, vogal
🤝 David Gontán, coordinador
👉 Co apoio da asesoría xurídica do Colexio.

📌 Por que é tan importante a colexiación?
✔️ É un deber profesional
✔️ Garantía de compromiso deontolóxico
✔️ Seguridade para usuarios/as, profesión e empregadores/as
✔️ Dereito da cidadanía a unha práctica ética e de calidade

⚖️ A finalidade última do Colexio é ordenar a actividade profesional, velando pola ética, dignidade e responsabilidade colectiva, fortalecendo así a confianza social no traballo social.

#TraballoSocial #ÉticaProfesional #ColexioOficialTS #Galicia