As compañeiras de Xunta de Goberno, Ana Vilar e Miriam Rodríguez e a técnica Nerea Fernández, xuntáronse con Política Social para pedir información sobre a implantación do IMV e que vai ocorrer coa RISGA. O COTSG propuxo un modelo pioneiro e innovador de servizos sociais onde se deixen de lado as cargas burocráticas e se poña atención na esencia do traballo social e a intervención comunitaria. Por outra banda, demandamos a creación dunha comisión que poida consesuar e reflexionar sobre un novo plantexamento dos SS SS, plans de inclusión, RISGA, etc. Ademais, volvemos incidir na necesidade do cumprimento das ratios legais do persoal técnico e a contratación urxente e estable de traballadoras sociais ante esta crise do COVID19.
Podes descargar o documento:
Informe xuntanza presencial Política social