Novas

Un remate de 2017 moi social

Un remate de 2017 moi social

Un remate de 2017 moi social

Estes últimos meses de 2017 foron de intensa actividade formativa e de cooperación.

  • O día 10 de novembro foron as xornadas de prevención ante o acoso e ciberacoso escolar.

D32_0216

 

Nelas diversos expertos analizaron en charlas e talleres os vectores e eixes desta temática. A asistencia foi moi satisfactoria cunhas 100 persoas ao longo do día escoitando e aprendendo.

As conclusións foron as seguintes:

Obradoiro 1:”Qué se pode/non pode facer dende o plano legal no eido do acoso e ciberacoso escolar?” [Beatriz Calavía Rodríguez. Avogada, especialista en cyberbullying] • O acceso dos e das adolescentes ás TICs supón unha sobreexposición ás novas tecnoloxías.
• Notable aumento dos casos de ciberacoso nos centros educativos motivado pola falla de control parental no uso de
redes sociais, videoxogos ou plataformas de descarga de contidos.

Obradoiro 2: “Prácticas Restaurativas: un modelo para a prevención e intervención social”. [Rafael Pérez de Lis
Nieto. Psicólogo e formador. Promotor das Prácticas Restaurativas] • Importancia de xerar comunidade e vínculos entre persoas.
• Saber fortalecer as relacións para previr o conflito.
• Na intervención é fundamental reestablecer as relacións despois de reparar o dano.

Obradoiro 3: “Previr, detectar e actuar fronte ao acoso escolar” [Francisca Fariña. Catedrática de Psicoloxía  Xurídica do Menor da UVIGO], [Mercedes Novo. Profesora titular de Psicoloxía da USC. Unidade de Psicoloxía Forense.] Katia Rolán [Psicóloga. Mediadora no Servizo de Mediación Familiar Intraxudicial de Pontevedra] • Identificar síntomas que o/a observador/ a pode detectar para actuar.
• Evidenciouse a importancia da comunicación verbal/non verbal nos procesos relacionais.
• A reformulación das cuestións negativas e a comunicación en positivo, son un elemento necesario para interiorizar no traballo con menores.

  • Por outra banda, o día 11 de novembro celebrouse en Sarreaus, na comarca da Limia, un Encontro Profesional para tratar o Emprendemento desde o Traballo Social e a situación da atención social comunitaria no rural galego. No encontro participaron diferentes profesionais que están iniciando proxectos emprendedores, e tamén traballadores/
    as sociais do medio rural ourensán que puxeron de manifesto as problemáticas que se desprenden de prestar atención
    social en zonas rurais e en franco declive demográfico.

rural

Entre as conclusións da xornada quedamos coa aportación dun dos participantes para abordar melloras na prestación
de Servizos Sociais no Rural. “Un bo sistema de comunicacións e itinerarios de transporte e melloras tecnolóxicas nos pobos axudarían tamén a mellorar ó sistema. Por suposto tamén políticas contra o despoboamento e fomento do emprego no rural”. Podedes ver a entrevista a un dos participantes nas xornadas aquí.

  • Durante o mes de novembro tamén se levou a cabo un curso pioneiro de intervención asistida con animais no ámbito social. O curso pretendía mediante unha metodoloxía teórico-práctica, dotar ao alumnado dos coñecementos básicos sobre os distintos tipos de Intervencións Asistidas con Animais que existen e os e as profesionais implicados/as, así como algúns colectivos sociais ós que poden estar dirixidas.

Igualmente o alumnado puido adquirir as competencias básicas para deseñar e implantar un proxecto de  intervención Asistida con Animais. Ademais a acción contou co valor engadido de ter a posibilidade de
contar nas sesións de traballo con animais e persoas coas que intervir para acadar os obxectivos da acción formativa, introducindo dinámicas específicas con cans de terapia. Podedes ler a entrevista coa docente aquí.

  • Os días 16 e 17 de novembro tiveron lugar diferentes actividades no marco da actividade Partillando con Fantova que, obviamente contou coa presenza no COTSG de Fernando Fantova. Este consultor é unha das persoas máis  recoñecidas no deseño, realización e avaliación de procesos de formación, consultoría, investigación e desenvolvemento no eido dos servizos sociais e da intervención social.

fantova

O día 16 impartiu en Santiago unha Conferencia co título “Retos dos servizos sociais a comezos do SXXI” . O día 17, en Vigo, tratou a idea dos “ Servizos Sociais como peza clave da inversión social”. Igualmente o propio día 17, tivemos oportunidade de telo no COTSG impartindo un Obradoiro dirixido a entidades e insitucións públicas e no que e traballou sobre liñas de innovación e mellora no marco dos Servizos Sociais.

Durante a súa estancia en Galicia, Fantova atendeu a varios medios. Podes ler a entrevista que lle fixeron en Praza Pública nesta ligazón.

  • O día 24 de novembro, celebrouse en Ourense unha Xornada sobre Traballo Social e Saúde Mental en colaboración coa Asociación Galega de Saúde Mental.

No transcurso desta xornada, na que participaron arredor de 120 persoas, quedou
patente que o papel do TS nas equipas multidisciplinares se antolla fundamental.

Igualmente, é relevante a ausencia de Coordinación Sociosanitaria para dar atención a un colectivo da cidadanía carente en moitas ocasións de atención ás súas necesidades.

Na xornada participaron profesionais do sistema xudicial, sanitario e social. Igualmente, foron galardonados os primeiros profesionais que prestaron atención en Galicia no ámbito do Traballo Social en Saúde Mental. No transcurso da Xornada, tamén se rendiu homenaxe ao falecementode Amelia Belmonte, referente do Traballo Social en Ourense durante décadas, e impulsora da modernización e melloras na atención ás persoas máis vulnerables. Podes ler a entrevista con Luís Carmona, responsable do comité científico da xornada aquí.

 

  • O 25 e o 26 de novembro levouse a cabo a actividade “ O meu camiño como traballadora social”. No seo da mesma, compañeiras da Provincia de Lugo poideron experimentar un percorrido  sobre a súa traxectoria profesional e abordar técnicas para a resolución de conflictos, e o manexo das emocións para a mellora do seu desenvolvemento profesional.
  •  O 13 e o 30 de novembro leváronse a cabo dúas presentacións da Guía de Comunicación do COTSG en colaboración coa Deputación da Coruña e o Colexio de Xornalistas. A primeira delas na Facultade de Ciencias da Comunicación co alumnado e o decano da mesma e a segunda nun almorzo informativo con xornalistas na sede do COTSG. A guía recolle como deben levar a cabo os xornalistas o tratamento das noticias

presentacionguia                                                        presentacionguia1

 

Antes de que remate a fin de semana queremos volver sobre a #saúdemental e os #paliativos. Para iso falamos coa com… https://t.co/sNOHyeX36X
Hoxe é o #DíaMundialDaSaúdeMental e por iso entrevistamos á compañeira de #colexiación Gemma González, traballadora… https://t.co/p9aTiMnbjd
Grazas a @lavozdegalicia pola súa pronta rectificación na terminoloxía e, deste xeito, mudar "traballos sociais" po… https://t.co/XDuM1insbh
Enviamos unha carta a @lavozdegalicia porque non cremos que Yosi, de Los Suaves, teña formación para facer traballo… https://t.co/5HxBIWz3Fo
Desde o #traballosocial tamén axudamos a tecer recordos #tecendorecordos https://t.co/5B2nMXYYE2
Lamentamos que a Xunta obvie completamente a parte social na planificación da volta ás aulas. Non se fixo ningún es… https://t.co/bwaCFHZfrp