Alegacións e Asesoramento á Cidadanía
O Colexio Oficial dacordo cos seus fins, funcións e normativa, debe ser garante dos dereitos da cidadanía e crear as canles de comunicación necesarias para que teña unha participación activa no sistema dos servizos sociais.
A través deste servizo atenderánse todas aquelas queixas, reclamacións e suxestións relativas ao ámbito deste Colexio Oficial.
Entre outras:
- Reclamacións sobre aplicación da Lei de Autonomía Persoal e Dependencia
- Rexistro de Profesionais Colexiadas/os, para consultar si unha ou un profesional se atopa en activo, así como o seu enderezo profesional.
- Rexistro de Sociedades Profesionais constituídas por profesionais colexiadas/dos
- Reclamacións sobre funcionamento de servizos, centros ou residencias por mala práxis, desatencións, prazos, etc…