¿Qué e o Portelo Único de Traballo Social ?

O Portelo Único do Traballo Social é o portal que o Consello Xeral de Traballo Social desenvolveu en colaboración cos Colexios Profesionais de Traballo Social do Estado para dar cumprimento aos requisitos e obrigas esixidas tanto na Lei 17/2009 de 23 de novembro sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio como na Lei 25/2009, de 22 de decembro de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

¿A quén vai dirixido o portelo?

O portal está dirixido aos/as profesionais do Traballo Social ou cidadáns que desexen obter información ou realizar trámites relacionados cos Colexios Profesionais do Traballo Social, en concreto aqueles cidadáns interesados en consultar información relativa ao funcionamento do Consello Xeral ou Colexios (consultar a súa memoria ou código deontolóxico, as convocatorias de xunta colexial), realizar trámites tales como solicitar o alta nun colexio ou formular unha reclamación.

Tamén está dirixido a aqueles colexiados e cidadáns interesados en formular outro tipo de consulta, unha reclamación ou queixa contra un Colexio ou colexiado, que poderán realizar na dirección de correo electrónico info@traballosocial.org ou ben accedendo a esta ligazón. (a ligazón apuntaría a un formulario , con escolla consulta, reclamación, queixa, etc… con destino a info@traballosocial.org)

👉Fíxonos moitísima ilusión a visita de @MFerrazDobarro que, no seu tempo libre, veu compartir con nós a súa experie… https://t.co/YstLcSdTCV
Descende o gasto en ocio, alimentación ou vestiario. O desmantelamento dos servizos provoca que as persoas teñan qu… https://t.co/g6pH2WKCNJ
Sabes o que é a #cargamental? #feminismo #feminismoparavivir https://t.co/bsJ7t0Hgc2
👉🔴Presentamos reclamacion no Centro de Orientación Familiar da Área de Pontevedra para a cobertura da praza de trab… https://t.co/wFhxpnk3Te