Posgrao

Os estudos de Posgrao
As persoas graduadas poderán ampliar a súa formación cursando  Mestrados e  Doutorados. Ámbolos dous forman parte dos estudos universitarios oficiais, cuxo obxecto é a especialización  profesional nunha área determinada.

Proceso académico oficial de Grao e Posgrao:

espazo europeo educación

Mestrados (60-120 créditos ECTS)

As ensinanzas de Mestrado teñen como finalidade a adquisición polo estudante dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinar, orientada á especialización académica ou profesional, ou ben promover a iniciación en tarefas investigadoras. Para acceder a esta enseñanza é necesario estar en posesión dun título de Grao ou título de Arquitectura, Enxeñería, Licenciatura, Arquitectura Técnica, Diplomatura, Enxeñería Técnica ou Maestría.

A superación dun mestrado supón a obtención do título de Mestrado Universitario coa denominación específica.

As saídas profesionais no mercado laboral dependerán da área de especialización. Outras posibilidades laborais son:

  • Profesorado/ docencia.
  • Profesorado Universitario a tempo parcial.
  • Publicacións.
  • Acceso ao Doutorado.

Universidades con títulos de Mestrados oficiais a distancia ou semipresenciais:

  • UNIR: Universidad Internacional de La Rioja.
  • UNED: Universidad nacional a distancia.
  • UOC: Universitat Oberta de Catalunya.
  • VIU: Universidad Internacional de Valencia.
  • UDIMA: Universidad a distancia de Madrid.
  • USAL: Universidad de Salamanca.

Doutorado (de 3 a 5 anos según plan ou ampliación).

O Doutorado é un periodo académico regrado posterior ao Mestrado oficial (e por vía investigadora) que proporciona ao alumnado unha formación avanzada nas técnicas de investigación. Esta ensinanza poderá incorporar seminarios, cursos ou outras actividades encamiñadas á formación investigadora e incluirá a elaboración e presentación dunha tese doutoral.

Unha tese doutoral é unha investigación novidosa guiada e titorizada poloprofesorado da Universidade cunhas pautas científicas e académicas concretas e cuxo obxecto é analizar, descubrir e reflexionar, en definitiva, aportar á comunidad científica empregando unhas ferramentas determinadas. Trala elaboración da tese, é necesaria a súa defensa ante un tribunal experto que a avalíe.

É posible realizar un doutorado noutro país, realizar unha modalidade mixta ou noutro idioma.

As saídas profesionales poden ser:

  • Profesorado de Universidade.
  • Cátedra Universitaria (É a categoría máis alta das ensinanzas universitarias. Son necesarios anos de docencia universitaria).
  • Investigación.
  • Publicacións de prestixio.

 

Posgraos (Oficiais vs. Propios)

A especialización posterior ao grao puede ser oficial ou propia. A oficial asegúranos unha guía e unha calidade común ao territorio nacional. A formación propia é, como o seu nome indica, de xestión propia e tén tamén beneficios coma a amplitude da oferta formativa. Un título propio pode ser válido para acceder ao mercado laboral sempre e cando teña calidade, o ofreza unha entidade consolidada e sexa valorado pola entidade ou empresa contratante.

A estrutura dos títulos propios variará segundo a entidade que a organice, así como as súas horas, os  seus obxectivos e os seus contidos.

+info:

A ONU, hai 71 anos, asinou a Declaración dos #DereitosHumanos 🌍🌍Día tras día vemos como se vulneran estes dereitos… https://t.co/IepjYtdTYX
👉‼A Academia e as e os profesionais únense para a defensa da profesión. Desde o COTSG pedimos aos centros universit… https://t.co/F5w1Aj9t1C
👉Hoxe xuntámonos con @GaledusoCeesg Xuntas reivindicamos a importancia dos equipos interdisciplinares no exercicio… https://t.co/hvZG50MfyN
Traballo Social contra as violencias machistas. O luns co alumnado da EUTS e hoxe co da facultade de Traballo Socia… https://t.co/IcHOpIbMmX
Achegámonos á Gala Serenidade de @SerGalicia https://t.co/RTexdmLwuu
👉A violencia machista é unha realidade estrutural e multidimensional. É un fenómeno global desde o punto de vista t… https://t.co/HutlEq7i6g
👉O luns, na Quintana, co alumnado da EUTS graffiteamos e facemos un flashmob contra a violencia de xénero 👉Estades… https://t.co/z2wdNOIpaT