Asesoría Laboral
A Asesoría Xurídico-laboral é un servizo prestado por Julia Álvarez da Cooperativa Xurídica Artigo 14. Os temas máis consultados foron:
- Convenios Colectivos
- Nóminas
- Excedencias
- Despidos
- Modificacións de contratos
Formulario de asesoría laboral para persoas colexiadas
Preguntas Frecuentes
¿Coñeces unha praza vacante de traballo social que non se está a cubrir?
Compárteo connosco, a través do noso formulario web ou enviándonos directamente un email. Dende o Colexio Oficial de Traballo Social queremos loitar para que se cubran todas as prazas vacantes que existan, destacando sempre a importancia da figura da nosa profesión como axentes para lograr o benestar socail e garantir a igualdade de oportunidades.
¿Sabes dalgún caso de intrusismo profesional?
Para defender a profesión, debemos loitar porque se respecten os nosos campos de traballo, onde a figura do traballo social sexa o centro e non se pisen as nosas funcións. Estamos aquí para esto e moito máis.
¿Tés dúbidas sobre as túas condicións de traballo?
Conta connosco para todas as dúbidas que poidas ter: salario, xornada laboral, mobbing, etc.