Novas

RESUMO MENSUAL DAS TAREFAS LEVADAS A CABO EN RELACIÓN CO CORONAVIRUS E NAS DEMAIS ÁREAS

RESUMO MENSUAL DAS TAREFAS LEVADAS A CABO EN RELACIÓN CO CORONAVIRUS E NAS DEMAIS ÁREAS

ACCIÓNS COVID19

•    Comunicado ás consellerías e direccións xerais de Sanidade e política social sobre as deficiencias das medidas tomadas polo COVID 19.
•    Proposta da creación Teléfono de Atención social á Consellería de Política social para dar cobertura ás consultas urxentes derivadas do illamento. Así mesmo, para identificar e derivar situacións de especial
vulnerabilidade.
•    Creación de Propostas de medidas realizadas polo COTSG e remitidas as diferentes consellerías.
•    Seguimento e reforzo das medidas as diferentes Consellerías mediante correos e conversas telefónicas.
•    COTSG ofrécese como institución e profesión social de referencia á axilizar e mitigar os danos ocasionados polas medidas preventivas xeradas do COVID 19.
•    Creación dunha canle de comunicación coa colexiación a través do correo electrónico para que remitan incidencias laborais e poder trasladarllas aos poderes públicos.
•    Uso do aplicativo MATIAS para ter informado ao persoal social da actualidade normativa, preventiva e de recursos.
•    Uso das redes sociais e dos medios de comunicación (prensa escrita, radio) para manifestar as deficiencias percibidas que sofren as e os traballadoras sociais que estánno territorio.
•    Seguemento das medidas preventivas en materia de Violencia de Xénero tras o confinamento.
•    Elaboración de medidas específicas por parte do COTSG dirixida á Secretaría Xeral de Igualdade e a Delegación do Goberno.
•    Seguimento da situación do SAF na comunidade Autónoma de Galicia.
•    Elaboración dun informe con toda a problemática achegada das e dos profesionais que traballan no eido do SAF.
•    Remitir toda a información recollida no correo electrónico a Política Social.
•    Seguimento da situación dos servizos esencias durante o estado de alarma.
•    Reunións telemáticas mantidas co Consejo General de Trabajo Social e con todos os Colexios do territorio español, ficando realizar protocolos comúns.
•    Coordinación co Equipo de emerxencias de Cataluña e Extremadura.
•    Contacto coa Directora Xeral de Voluntariado para incorporar a Traballadoras e Traballadores sociais ao Telefono Social (900 400 800)
na labor de información social especializada e derivación e xestión de recursos á/ó profesional de referencia.
•    Elaboración dun Protocolo de Actuación en Traballo Social para o Teléfono de Atención Social, así como toda a documentación precisa para a recollida de información para a intervención telefónica.
•    COTSG convértese así en coordinador de emerxencias sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.
•    Creación dun grupo de voluntariado para ofrecer a nosa solidariedade ás autoridades
•    Cobertura das prazas de Traballo social se cubrir no SERGAS na Xerencia de Pontevedra- Salnés, tras as reunión mantidas con anterioridade co COTSG.
•    Creación de mapeo de recursos nos territorios da comunidade Galega, comezando coa recapitulación dos protocolos de emerxencia polo COVID 19 das sete áreas sanitarias da Comunidade galega.
•    Seguimento das accións dos sindicatos nas creacións de ERTES nas empresas.
•    Actualizar as ofertas laborais derivadas da necesidade social
•    Continuar a planificar os cursos formativos do COTSG para garantir os coñecementos previstos.
•    Difusión nas redes sociais de contido que pode ser de interese para a colexiación

Formación

  • Publicouse a Resolución dos Premios do DMTS 2020 na que resultaron gañadores/as as seguintes propostas:
    • Categoría Investigación: “Achegas sobre o colectivo de Persoas Xordas para una intervención sociocultural en Traballo Social” presentada por Leticia González Mosquera (colexiada nº 2859)
    • Categoría Traballo de Fin de Grao (TFG) ou Traballo de Fin de Máster (TFM) premiado:  “Calidade da vida laboral nos servizos sociais e prevención de riscos laborais” presentado por Isabel Piñeiro Portela (colexiada nº 1626).
  • Presentouse unha solicitude de subvención á CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DURANTE O ANO 2020 (FOENAA/2020) da Deputación da Coruña, para a realización de accións formativas.
  • Publicáronse 45 accións de formación, externas ao COTSG, de interese para a profesión

Laboral

  • Ofertas publicadas no mes de marzo: 62.
  • Entrevistas de Orientación Laboral: 6.
  • Presentación dun recurso potestativo de reposición ao Concello de Cariño fronte a convocotoria do proceso selectivo para a contratación dun/ha Educador/a familiar.
  • Presentación dun recurso de alzada na Dirección Xeral da Función Pública solicitando que a titulación en Traballo Social sexa incluída no acceso ás listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente á Especialidade en formación e orientación laboral (FOL).
  • Envío dun escrito de recomendación ao Concello de Chantada en relación ás bases do proceso selectivo para a elaboración dunha bolsa de emprego para a ccobertura de prazas de Traballador/a social.
  • Presentación dun escrito ao Concello de O Carballiño solicitando a cobertura dunha praza de Traballador/a social.
  • Presentación dun escrito ao Concello de Sandiás solicitando a cobertura dunha praza de Traballador/a social.

 

Posted in Novas
Entrevistamos a @trabsocialytal “Nos servizos sociais a mirada da traballadora social debe ser experta en comprende… https://t.co/GWaE9CJ7l7
Moitísimas grazas ás máis de 70 persoas #colexiadas e #precolexiadas conectadas a este Encontro Virtual sobre o… https://t.co/NEuWlBvDTQ
NOVIDADE FORMATIVA: Falamos con D. Mustieles que nos explica a importancia do #autocoidado na nosa profesión. Impar… https://t.co/HzrEof5OBz
Imprescindible artigo da compañeira de Xunta de Goberno, Ana Rodríguez @cgtrabajosocial @trabsocialytal https://t.co/bJxZ6nOPlB
#CarvalhoCalero, o autor de Scórpio, foi estudoso incansable da nosa lingua e un gran pedagogo. Como moitas outras… https://t.co/4GFGTqSQNJ
"El COTSG señala la existencia de "mucho retraso" en la asignación de plazas residenciales de las emergencias que c… https://t.co/Qpqr2R77EW
Reclamamos que a Xunta envíe sen demora os protocolos para os servizos sociais e subliñamos moitas carencias no sis… https://t.co/2eD8t1tbJL