Novas

Promovemos as relacións humanas e o feminismo no Día Mundial do Traballo Social 2019

Promovemos as relacións humanas e o feminismo no Día Mundial do Traballo Social 2019

O venres 22 celebramos, no edificio Cersia, en Santiago de Compostela o Día Mundial do Traballo Social. Este ano o lema foi “Promovendo as relacións humanas” e, baixo ese marco, desde o COTSG quixemos sumar o feminismo á ecuación e por iso os relatorios vertebraron sobre este eixo. A presidenta do COTSG, Miriam Rodríguez desenvolveu unha introducción da xornada agradecendo á colexiación o seu traballo e incidindo na importancia do feminismo no Traballo Social. Podes descargar a súa alocución:

INTRODUCCIONDIAMUNDIALMIRIAM

A vogal de Comunicación, Ana Rodríguez, introduciu os relatorios. A  primeira en desenvolver a súa charla foi Elena Molanes, que tratou o apoderamento das mulleres desde a práctica profesional. A súa labor profesional como directora do CEMVI de Vigo permitiu que desenvolvese unha presentación ben fundamentada, intensa e amena ao mesmo tempo. Podes descargar a súa presentación:

RELATORIO1

Tras ela foi o turno do alumnado da Escola de Traballo Social de Santiago. Alba Meijome, Iago Aperador e Uxía Fernández fixeron que o público se sumerxise no mundo dos mapas corporais e, grazas a iso, reflexionase sobre cuestións de rol de xénero, patriarcado, machismo ou cisheteropatriarcado. Podes ver o vídeo da súa experiencia nas aulas e tamén descargar a presentación:

MAPASCORPORAIS

Rematou os relatorios Chus Olivares que falou de traballo social feminista: da emancipación ao poder propio. Mesturou traballo social e música nunha exposición na que voou o tempo.

Podes descargar a súa presentación:

relatorio2chus

Tras as conferencias, as vogais Mapi Lema e Silvia Sanjurjo, entregaron os premios de Boas Prácticas e TFG/TFM. O de boas prácticas foi para a colexiada Ana Anta e a psicóloga Yolanda Neira pola boa práctica CoidarNos: Programa de apoio a persoas coidadoras de familiares en situación de dependencia. No caso de TFG/TFM o premio foi para Javier Bendaña polo traballo SAF=Servizo de Axuda no Fogar. É o servizo de axuda no fogar un servizo de limpeza encuberto?”

imaxe5 imaxe6

A vogal Isabel Fernández foi a encargada de presentar a homenaxe ás persoas que cumpriron 25 anos colexiadas.

imaxe4

Pechou o acto a vogal de Ética, Ana Vilar. Houbo actuación musical de Silvia Penide, exposición dos mapas corporais, trivial feminista e petiscos.

Desde a Xunta de Goberno do COTSG expresan o seu agradecemento ás persoas que asististes ao acto, ás que vos ocupastes dos relatorios e ás autoridades que se achegaron. Continuamos promovendo o feminismo e as relacións humanas!.

imaxe1 imaxe2

👉Estreamos o primeiro documental galego que aborda a situación da vivenda 👉Grazas á colexiada Sagrario Fernández po… https://t.co/hnTiN5N0Fq
Hoxe presentamos o noso #programa arredor do #traballosocial á candidata pola #Coruña @LucaChao_ de @EnComun_Gal https://t.co/IK0u3kdhPS
.@EPGalicia recolle o noso rexeitamento aos bonos e tamén a nosa postura sobre o bono á dependencia e a tarxeta mo… https://t.co/A5oHBmitCX
👉 Rexeitamos o bono de 250€ da Xunta. Sería unha boa recompensaque se cumprisen as ratios de referencia na dotación… https://t.co/2k4IE7Kvel
El COTSG alerta sobre el “colapso total” de los servicios sociales. Rechazan que se les asigne la tramitación del I… https://t.co/cQabrl3hxJ
.@prazapublica recolle a nosa posición: 👉O COTSG explica que “o sistema galego de servizos sociais comunitarios es… https://t.co/st5xwxmC3z
Se non viches o #EncontroVirtual sobre #IngresoMinimoVital con @trabsocialytal @lampstrung e Jonathan Añón telo nes… https://t.co/aYvMcn09dM
👉As compañeiras de Xunta de Goberno, Ana Vilar e Miriam Rodríguez e a técnica Nerea Fernández, xuntáronse con Polít… https://t.co/fvTp7uJa9a
#Vivenda A compañeira de #colexiación, Sagrario Fernández escribiu esta interesante peza de opinión en Praza Públic… https://t.co/hm7MpWvgyF
Entrevistamos a @trabsocialytal “Nos servizos sociais a mirada da traballadora social debe ser experta en comprende… https://t.co/GWaE9CJ7l7