Desde a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Traballo Social de Galicia queremos transmitirvos a nosa gratitude pola confianza que depositastes no noso equipo. Iniciamos esta etapa con moita ilusión e con ánimo de traballar para defender a nosa profesión, ás e aos profesionais e ás persoas usuarias de servizos sociais.

Desexamos contar con todas e todos vós neste novo período, crear un sentir de pertenza ao Colexio con novas canles de participación e novos espazos de xuntanza, contar con redes de profesionais por áreas e provincias que favoreza a comunicación e de apoio efectivo á profesión.

Desexamos contar con todas e todos vós para conseguir un Colexio máis participativo, aberto e transparente, onde exista un feedback continuo de información de todas as actividades e accións que se vaian realizando.

Quedamos á vosa disposición para calquera cuestión que poida xurdirvos e convidámosvos a trasladar todas as vosas dúbidas e necesidades ao Colexio.

Tamén vos damos a benvida á web do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, que nace para ser un instrumento de comunicación, información, documentación e prestación de servizos, tanto para as traballadoras e traballadores sociais como para a cidadanía.

Recibe un moi cordial saúdo

xuntagob

Xunta de Goberno do COTSG

 

A ONU, hai 71 anos, asinou a Declaración dos #DereitosHumanos 🌍🌍Día tras día vemos como se vulneran estes dereitos… https://t.co/IepjYtdTYX
👉‼A Academia e as e os profesionais únense para a defensa da profesión. Desde o COTSG pedimos aos centros universit… https://t.co/F5w1Aj9t1C
👉Hoxe xuntámonos con @GaledusoCeesg Xuntas reivindicamos a importancia dos equipos interdisciplinares no exercicio… https://t.co/hvZG50MfyN
Traballo Social contra as violencias machistas. O luns co alumnado da EUTS e hoxe co da facultade de Traballo Socia… https://t.co/IcHOpIbMmX
Achegámonos á Gala Serenidade de @SerGalicia https://t.co/RTexdmLwuu
👉A violencia machista é unha realidade estrutural e multidimensional. É un fenómeno global desde o punto de vista t… https://t.co/HutlEq7i6g
👉O luns, na Quintana, co alumnado da EUTS graffiteamos e facemos un flashmob contra a violencia de xénero 👉Estades… https://t.co/z2wdNOIpaT