Novas

Presentación da guía de peritas/os e mediadoras/es 2019

Presentación da guía de peritas/os e mediadoras/es 2019

O mércores 20 de novembro presentouse na Sala de Conferencias do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra a Guía de Peritas/os e Mediadoras/es 2019. A dita presentación acudiu o secretario do COTSG, Antonio Doval.

Dita guía está editada por Unión Profesional de Galicia, que agrupa a 38 colexios profesionais de ámbito autonómico. O COTSG vén de incorporarse este ano á entidade.

A guía será distribuída en órganos vinculados á carreira xudicial, en administracións públicas e nos colexios profesionais membros de Unión Profesional de Galicia. Este documento contén referencias dunhas 2.000 persoas colexiadas que manifestaron a súa dispoñibilidade para actuar como peritas/os xudiciais. Este ano, por primeira vez, inclúe tamén unha listaxe de mediadoras/es. Do mesmo xeito, inclúe a regulación da figura da perita/o na Lei de Axuizamento Civil e un directorio dos colexios profesionais e dos órganos e entes xudiciais.

No artigo 341 da Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil, establécese que en xaneiro de cada ano os colexios profesionais deben enviar unha listaxe de colexiadas/os dispostas/os a actuar como peritas/os. A Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia informou que en Galicia a Guía está incluída no sistema informático de telecomunicacións LEXNET. Isto, na práctica, implica que os xulgados designarán peritas/os a través da Guía, non das listaxes.

Polo tanto, lembramos á colexiación que aínda está aberto o prazo para inscribirse nas listaxes de peritaxe e mediación, ata o martes, 26 de novembro, ás 10:00 horas.

 

#Medios Enviamos unha carta a @LaRegion para precisar que a figura do #traballosocial non é a mesma que a de auxili… https://t.co/saoZSuPEh7
O COTSG pide á Xunta que poña a figura do #traballosocial como "clave" no rastrexo da #covid19 en #Galicia, un trab… https://t.co/mIP0aUE91k
Compañeiras da Xunta de Goberno estiveron na #homenaxe realizada polos Colexios Sanitarios ás vítimas da #covid19.… https://t.co/OZymJRtFDR
A nosa profesión está presente, co resto de profesionais da #sanidade no acto de recoñecemento da entrega das Medal… https://t.co/wl3xujQ5wH
.@prazapublica recolleu a estrea do #documental do COTSG que codirixiu a colexiada lucense Sagrario Fernández con X… https://t.co/rOq5cOnDYH
👉Estreamos o primeiro documental galego que aborda a situación da vivenda 👉Grazas á colexiada Sagrario Fernández po… https://t.co/hnTiN5N0Fq
Hoxe presentamos o noso #programa arredor do #traballosocial á candidata pola #Coruña @LucaChao_ de @EnComun_Gal https://t.co/IK0u3kdhPS