Novas

Prazos Asemblea Ordinaria COTSG

Prazos Asemblea Ordinaria COTSG

Por mor da crise da COVID19 e a lexislación desenvolvida a raíz disto, a Asemblea Ordinaria do COTSG celebrarase no segundo semestre do ano. A continuación, a asesora xurídica debulla esta cuestión:
Suspensión prazos Colexio Profesional
Os termos e prazos administrativos suspendéronse en todo o sector público desde o 14 de marzo de 2020 (incluído) en virtude do Real Decreto 463/2020 polo que se declaraba o Estado de Alarma. Polo tanto, ata a fin do Estado de Alarma estiveron suspendidos todos os prazos para a tramitación de procedementos coas entidades administrativas segundo dispón a disposición adicional terceira do Real Decreto.
Esta medida afecta a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
O artigo 2.4º desta norma, que regula o ámbito subxectivo de aplicación, indica “ As Corporacións de Dereito Público rexeranse pola súa normativa específica no exercicio das funcións públicas que lles foran atribuídas por Lei ou delegadas por unha Administración Pública, e supletoriamente por medio da presente Lei”.
Cando o lexislador excepcional di que afecta a todo o sector público definido na Lei 39/2015 hai que entender que inclúe expresamente ás corporacións de dereito público nos casos que exercen funcións públicas, debido a que, neses casos e segundo a mesma Lei 39/2015 estas corporacións “son” sector público.
Posted in Novas
Hoxe presentamos o noso #programa arredor do #traballosocial á candidata pola #Coruña @LucaChao_ de @EnComun_Gal https://t.co/IK0u3kdhPS
.@EPGalicia recolle o noso rexeitamento aos bonos e tamén a nosa postura sobre o bono á dependencia e a tarxeta mo… https://t.co/A5oHBmitCX
👉 Rexeitamos o bono de 250€ da Xunta. Sería unha boa recompensaque se cumprisen as ratios de referencia na dotación… https://t.co/2k4IE7Kvel
El COTSG alerta sobre el “colapso total” de los servicios sociales. Rechazan que se les asigne la tramitación del I… https://t.co/cQabrl3hxJ
.@prazapublica recolle a nosa posición: 👉O COTSG explica que “o sistema galego de servizos sociais comunitarios es… https://t.co/st5xwxmC3z
Se non viches o #EncontroVirtual sobre #IngresoMinimoVital con @trabsocialytal @lampstrung e Jonathan Añón telo nes… https://t.co/aYvMcn09dM
👉As compañeiras de Xunta de Goberno, Ana Vilar e Miriam Rodríguez e a técnica Nerea Fernández, xuntáronse con Polít… https://t.co/fvTp7uJa9a
#Vivenda A compañeira de #colexiación, Sagrario Fernández escribiu esta interesante peza de opinión en Praza Públic… https://t.co/hm7MpWvgyF
Entrevistamos a @trabsocialytal “Nos servizos sociais a mirada da traballadora social debe ser experta en comprende… https://t.co/GWaE9CJ7l7
Moitísimas grazas ás máis de 70 persoas #colexiadas e #precolexiadas conectadas a este Encontro Virtual sobre o… https://t.co/NEuWlBvDTQ