Estase a celebrar o XIII Congreso Estatal da Asociación Española de Traballo Social e Saúde.
Deu comezo o xoves, 10 de maio coa ponencia inagural de Amaya Ituarte, que foi nomeada socia de honra pola súa traxectoria profesional e contribución ao corpo teórico do traballo social sanitario.
Neste congreso participa como ponente a xefa de servizo da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Luz Campello, na sesión plenaria “Mapas de Traballo Social Sanitario” co seu artigo “Modelo de Trabajo Social Sanitario para el sistema de salud del siglo XXI”.
Asemade, presentaron comunicacións a traballadora social Sanitaria da EOXI de Ourense, María Belen Piñeiro Bóveda “La cooperación pública/privada desde Trabajo Social en el sistema de salud. Construyendo puentes, derribando muros”; de Maria Belén Piñeiro, Francisco Gómez e Carmen Movilla da EOXI; da Coruña, Luisa Andaluz presentou “Riesgo sociosanitario asociado a la claudicación familiar o angustia ante el alta hospitalaria, en la unidad de cuidados paliativos”; Rosalía Alvarez con “Protocolo de Intervención Social en el servicio de urgencias en el Complejo Hospitalario Universitario de A Coruña”, elaborada por Maira Vilar e Miriam Rodríguez “Programa marco de la mesa de coordinación para personas sin Hogar en A Coruña”.
Desde a EOXI de Santiago de Compostela, e en forma de pósters a Xefa de Servizo de Traballo Social do CHUS, Ana Isabel Guillén e José Luís Barreiro falaron de “Implantación del registro de instrucciones previas en el Servicio de Trabajo Social EOXI Santiago”, y Maria Isabel Rodríguez y Maria del Carmen Gomez “Protocolo de Actuación de la Unidad de Trabajo Social Hospitalaria de Valme en Atención a Pacientes de ELA y su red de apoyo sociofamiliar”.
Durante o desenvolvemento, a presidenta de Cataluña, na súa exposición afirmou que o traballo social debe ser máis político, que hai que militar por el e coa cidadanía. Tamén reivindicou a necesidade de poñer en valor os coidados.
Un dos puntos da Asemblea Xeral é a presentación da delegación galega desta asociación.
- Podes consultar aquí todo o relativo ao Congreso.