Formación: Próximas actividades Casa Xoana Torres
Data: Decembro 3, 2021

Proposta de actividades:

XOVES- 21 de outubro (18:00h – 20:00)
Obradoiro: Pegadas Feministas por Compostela
Obradoiro para visibilizar as aportacións das mulleres e persoas LGTBIQA+ no rueiro compostelá. A través do intercambio de ideas e coñecementos crearase un roteiro virtual no que destacar lugares e persoas relevantes na loita en prol da igualdade na cidade.

Data: Xoves, 21 de outubro de 18:00 a 20:00 h.

Lugar: Casa Xohana Torres, Santiago de Compostela

 

VENRES- 22 de outubro (19:00- 20:30)
Obradoiro: Autodefensa Legal con perspectiva de xénero
Obradoiro práctico de autodefensa legal: condutas violentas e/ou
discriminatorias e medios de acción/reacción, dirixido ás mulleres (trans e
cis) a partir de 16 anos. Tratarase temas como o delito de odio, as vías
de reclamación e o recoñecemento legal da identidade.

 

 

 

LUNS E MÉRCORES– 25 e 27 de outubro (16:00-20:00)
Curso de Mediación en Dereitos Sexuais
Curso de mediación en dereitos sexuais para a mocidade ata 29 anos.
Traballaranse ferramentas de artivismo que permitiran educar e sensibilizar
en temas relacionados coa sexualidade e os dereitos sexuais e reprodutivos.

Estas actividades desenvolveranse de forma PRESENCIAL (e/ou online) na Casa
Xohana Torres, polo que as PRAZAS serán LIMITADAS.

 

 

Para poder inscribirte a estas actividades debes acceder aquí