Novas

“O Traballo Social pretende quebrar o estigma mediante a información e formación arredor da Saúde Mental”

“O Traballo Social pretende quebrar o estigma mediante a información e formación arredor da Saúde Mental”

“O Traballo Social pretende quebrar o estigma mediante a información e formación arredor da Saúde Mental”

Tania Vázquez Corbacho é unha das docentes do curso de Intervención Social na Promoción da Saúde Mental. É Traballadora Social da Asociación Xaruma dende outubro 2012. Por outra banda, conta con 5 anos de experiencia educativa impartindo formación e 5 anos de experiencia traballando no eido da Saúde Mental. Asemade, levou a cabo un curso formativo a través do Colexio Oficial de Traballo Social no ano 2015 chamado Curso básico de promoción da saúde dende o traballo social e outro no 2016 chamado Intervención psicosocial e educativa na promoción da saúde mental. Conta tamén con coñecemento da plataforma moodle, habendo realizado xa varios cursos a través dela. Impartirá o 90 % dos contidos. O outro 10% impartirao Ignacio Valverde Viqueira. Podes ver todas as características do curso aquí.

_Cales son as funcións do/a Traballador/a Social na área da saúde mental?

_O traballo social é unha parte básica da Saúde, pois a Saúde abarca gran parte da área do benestar. É a canle para levar a cabo programas que incidan realmente na sociedade, ademais de ser o vehículo básico entre a cidadanía e as institucións, a voz do que non pode e quere berrar. É complicado definir nunhas poucas verbas as función que unha traballadora social ou un traballador social poder ter na saúde mental, pero incide principalmente na información, comunicación e asesoramento; na educación e prevención, tanto individual como colectiva; e na acción e dinamización.

_Cando se incorpora o Traballo Social á saúde mental?

_O Traballo Social está ligado á Saúde dende os seus inicios, na procura dun benestar completo; pero máis concretamente na área da Saúde Mental, en 1904, en EEUU, Adolph Meyer promove a inclusión dos/as traballadores/as sociais nos hospitais psiquiátricos ao considerar que, para o tratamento das persoas internas, era necesaria unha intervención tamén na esfera social, que contribuíse a evitar a cronicidade dos trastornos mentais e a masificación dos hospitais psiquiátricos. Pronto comeza a correrse a voz dos avances sociais conseguidos e o Traballo Social comeza a incorporarse, de forma gradual, nos equipos de saúde mental. A España non chegará ata o ano 1953, da man do Dr. Sarró, creando en Barcelona unha Escola de Traballo Social dependente da Cátedra de Psiquiatría, e é neste momento cando se comeza a traballar tamén en Saúde Mental, non só coa inclusión social, senón tamén co traballo coas familias e a formación de profesionais.

_En que punto están as políticas sociais no ámbito da saúde mental?

_Penso que nos últimos anos moitas entidades fixeron un gran traballo para mellorar a calidade de vidas das persoas con trastornos mentais e traballar en prol da prevención; pero creo importante recordar neste punto que o Plan estratéxico de Saúde Mental de Galicia finalizou en 2011, e que aínda que xa se está traballando no próximo, que abranguerá o período 2017-2020, estivemos moitos anos sen un plan en saúde mental.

_Cal é o papel do Traballo Social en relación ao estigma que se crea moitas veces arredor da saúde mental?

_A Saúde Mental está rodeada dun gran estigma froito en moitas ocasións do descoñecemento e da información errónea que moitas veces atopamos en medios de comunicación. O Traballo Social pretende quebrar o estigma mediante a información e formación arredor da Saúde Mental, sobre que supón e cales son os mitos e realidades ao seu redor; tamén mediante campañas que sensibilicen sobre a importancia dunha promoción da Saúde e a prevención de riscos; por outro lado sobra gran importancia a participación social como canle para romper cos estereotipos. Neste punto aínda temos moito que avanzar.

_Podemos afirmar que o sistema sanitario, no caso da saúde mental, está deshumanizado?

_Considero que deshumanizado é unha palabra un tanto forte. Penso no noso sistema sanitario temos uns grandes profesionais e que en ocasións pode dar sensación de “saturación”, pero creo que non é produto dos profesionais, senón da falta de profesionais e da inversión económica que se fai en Saúde Mental.

_Que eixes básicos poderán tratar as persoas colexiadas neste curso?

_O principal é a ubicación. En que punto está a Saúde Mental e cara onde camiñamos. Logo, tamén trataremos a promoción da saúde dende o Traballo Social. Que podemos facer dende o noso traballo, cales serían as nosas funcións, cal queremos que sexa o camiño a seguir… Romperemos estereotipos, daremos unha visión máis preta do que é a Saúde Mental e reflexionaremos sobre que implica a Saúde Mental na nosa vida, tendo ou non desenvolvido un trastorno mental, pois o gran erro que moitas veces cometemos é o de pensar que as necesidades de Saúde Mental tan só as teñen as persoas que teñen algún trastorno mental.

_Por que un ou unha colexiada debería facer este curso?

_Para coñecer máis en profundidade o ámbito da Saúde Mental, un ámbito descoñecido por moitas persoas pero que necesita de máis profesionais que se impliquen nel. O curso fará reflexionar, amosará recursos e inciativas que existen no ámbito e aportará unha visión global sobre a promoción da Saúde Mental dende o Traballo Social.

Antes de que remate a fin de semana queremos volver sobre a #saúdemental e os #paliativos. Para iso falamos coa com… https://t.co/sNOHyeX36X
Hoxe é o #DíaMundialDaSaúdeMental e por iso entrevistamos á compañeira de #colexiación Gemma González, traballadora… https://t.co/p9aTiMnbjd
Grazas a @lavozdegalicia pola súa pronta rectificación na terminoloxía e, deste xeito, mudar "traballos sociais" po… https://t.co/XDuM1insbh
Enviamos unha carta a @lavozdegalicia porque non cremos que Yosi, de Los Suaves, teña formación para facer traballo… https://t.co/5HxBIWz3Fo
Desde o #traballosocial tamén axudamos a tecer recordos #tecendorecordos https://t.co/5B2nMXYYE2
Lamentamos que a Xunta obvie completamente a parte social na planificación da volta ás aulas. Non se fixo ningún es… https://t.co/bwaCFHZfrp