Novas

O traballo social en loita

O traballo social en loita

O Colexio Oficial de Traballo Social (COTSG), tras conversa coa Consellería de Educación, esixe á Dirección Xeral da Función Pública a RECTIFICACIÓN INMEDIATA da nota publicada onte na web da Xunta de Galicia contra o mediodía onde se consideraba como titulacións equivalentes a traballo social: educación social e pedagoxía. Podes descargar dita nota:

nota titulaciones

Por suposto, dito texto fixo saltar as alarmas no COTSG que se puxo a traballar para investigar e solventar este grave e pernicioso erro para a profesión. Así, hoxe mesmo, a asesora xurídica solicitou á Consellería de Educación o informe no que se baseaba dita nota. Dito informe di o seguinte:

“Graduado/a en Traballo Social: Titulación vixente, dende o ano 2010 como
consecuencia da implantación de titulacións adaptadas ao Espazo Europeo de
Educación Superior, en substitución da Diplomatura en Traballo Social que inicia
o mesmo ano a súa extinción , e que mantén a todos os efectos as competencias
profesionais (Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece
a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais)”.

Ante a falsidade dos datos publicados pola Xunta de Galicia SOLICITAMOS que, con carácter de urxencia se proceda á rectificación pública por parte da Dirección Xeral de Función Pública da Nota Informativa indicada para resarcir as graves consecuencias que unha interpretación errónea do Informe da Consellería pode ter na actualidade tendo en conta de que o pasado día 8 de novembro de 2019 foi publicada a Convocatoria do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social.

Podes descargar a reclamación que enviamos á Xunta:

Rectificación de Nota Informativa (1)

Solicitamos tamén a COLABORACIÓN ACTIVA da colexiación para transmitirnos irregularidades que detecten ao longo deste procedemento e que nolas remitan por escrito a info@traballosocial.gal. 

Fixemos unha petición á EUTS e á facultade de Traballo Social de Ourense para a elaboración dun informe fundamentado que tamén enviamos ao organismo correspondente. Descárgao nesta ligazón.

Por outra banda, desde o Colexio de Traballo social desenvolvemos e estamos a desenvolver diversas accións desde que saíu o borrador da convocatoria do procedemento selectivo para o ingreso no corpo facultativo grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais especialidade Traballo Social, da administración especial da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

  • Para comezar, enviamos as alegacións ao borrador. Podes descargalas:

Alegacións Borrador Convocatoria Traballo Social

  • Logo enviáronse alegacións á actualización do borrador:

Alegacións Convocatoria II (1)

  • Tamén se fixeron alegacións ao anteproxecto de lei de medidas fiscais e administrativas:

Alegacións Ante proxecto de Lei de Medidas Fiscais e administrativas

 

 

 

👉 Estamos a piques de estrear páxina web! 💻📱 👉 Teremos un site máis moderno, cómodo e orientado a facilitar o trab… https://t.co/Yj9M9pvIqq
#cursoCOTSG 👉 Coñeces a abordaxe #Gestalt? 👉 O autocoñecemento é imprescindible no desenvolvemento persoal e na boa… https://t.co/pU9c7zIZNd
👉 O #cursoCOTSG Responsabilidade Social de Xénero ten aberto o seu prazo de inscrición . 👉 Aprenderás a desenvolve… https://t.co/hUQb3sTvmE
Lembra que entre os #servizosCOTSG para persoas colexiadas está o de asesoría xurídica. Este é o horario de atenció… https://t.co/RtDihvf1cb
Neste #1deMaio lembramos que o #TraballoSocial é unha profesión esencial para o #benestar da sociedade e o apoderam… https://t.co/42kzUkcowP
Contra a #segregaciónescolar, a figura do profesional do #TraballoSocial educativo nas equipas interdisciplinares d… https://t.co/thHp6g9MEm
👉 Revistas científicas de colexios profesionais xuntáronse nun encontro e posta en común organizada polo… https://t.co/EGhPQnzIXW
👉 O @cgtrabajosocial lanzou a campaña #TRABAJOSOCIALSANITARIOYA á que queremos sumarnos desde Galicia. 👉 Pódela c… https://t.co/wGP81qSAG1
Imprescindible artigo de Teresa Zamanillo onde alerta sobre a ruptura da protección social en España e a desnatural… https://t.co/hEEytPUpiz
Un día coma esta, en 1759, nacía #MaryWollstonecraft, escritora, filósofa e defensora dos dereitos das mulleres. https://t.co/EyWO78NOGg
👉Traballamos con outros colexios profesionais na elaboración dunha publicación onde recollemos propostas para dar r… https://t.co/SzPZrkE131
👉 Novo artigo no #blogdoCOTSG. 📱💻 👉 Entrevistamos ás impulsoras do Servizo de Atencións Psicosocial Urxente… https://t.co/2HIp0FLEtT
👉Contra o #discursodeodio en contra de colectivos vulnerables ou en risco de exclusión. 👉O COTSG reclama a todas a… https://t.co/uEcenb71nP