Novas

“O deporte feminino experimenta un auxe enorme o que é un claro indicativo do avance da sociedade”

“O deporte feminino experimenta un auxe enorme o que é un claro indicativo do avance da sociedade”

Tras a campaña #TaménÉViolencia e a presentación da Guía de Comunicación na que estivo presente, xa que un dos puntos tratados é o xornalismo deportivo, a presidenta do COTSG, Marta Capeáns entrevista a José Luís Mateo, Director Xeral do Obradoiro CAB

1- O Obradoiro CAB non ten o espectáculo de cheerleaders tan habitual en tantos equipos de baloncesto… e eu, como muller, alédome!!

O certo é que o noso pavillón ten unha animación especial, a xente participa en primeira persoa do espectáculo, e nos tempos mortos optamos por fomentar aínda máis esa interacción cos nosos afeccionados a través de xogos de patrocinadores, a máis diso que para os nenos de clubs e colexios que se desprazan para gozar dun partido da liga Endesa supón unha experiencia extraordinaria e inesquecible poder xogar uns segundos no parqué de Sar, ante máis de cinco mil persoas. Queremos á xente, que canta connosco antes dos partidos, o máis preto posible do equipo.

IMG-20171123-WA0015

2- Que opinas, ou que outros motivos deberiamos ter en consideración, ademais do costume (que para tantas cousas chega a ter forza de lei) que pasa co baloncesto feminino que non pega tan forte como o masculino, a pesar de que no equipo de España son boísimas?

O deporte feminino en España, non soamente o baloncesto, está a experimentar un auxe enorme, o que é un claro indicativo do avance da sociedade. Cada vez hai máis empresas que invisten en figuras como Mireia Belmonte, Garbiñe Muguruza ou a Selección Española de Baloncesto ou Balonmán, cuxas xogadoras nos fan sentir orgullosos en cada campionato. Persoalmente, considero que non hai que comparar entre o baloncesto feminino e o masculino, porque estamos a falar de realidades, medios económicos e espectáculos absolutamente diferentes. Creo que o deporte feminino ten moitos aspectos positivos sen necesidade de comparacións.

3- Como podemos vender a necesaria idea de igualdade real homes/mulleres sen que nos califiquen de “ feminazis recalcitantes”? Onde crees que se pode fixar o límite molesto?

Creo que os extremos non adoitan ser adecuados para defender principios. Creo que os límites os debe marcar o sentido común, que ás veces é o menos común dos sentidos.

4- Ocorre que ultimamente, estas últimas semanas para ser máis exacta!, estou a collerlle tirria ao termo “manada” que se debería de aplicar a actitudes de animais que se desprazan desta maneira, ocórreche algo parecido?

Non. Os vocablos do noso idioma non morden, nin fan nada; son as persoas e os seus feitos os que deben ser xulgados.

 

 

Achégase o #8M e volvemos rescatar logros silenciados das mulleres para dar testemuña das súas contribucións ao pro… https://t.co/RPQUCGE1jU
Deixámosvos coa reflexión da Traballadora Social Belén Iglesias sobre a vulnerabilidade en que as demoras na vacina… https://t.co/jvAEpYRM8p
Continuamos preparando o #8M reflexionando sobre o papel e a desigualdade que experimentan as mulleres mesmo cando… https://t.co/cBwTe68jtL
O día 11 terá lugar a pílula formativa online 'Emprender en #TraballoSocial. Exercicio libre da profesión'. Deixámo… https://t.co/hkudcZuoO4
Nesta semana previa ao #8demarzo, Día Internacional da Muller, iremos compartindo convosco datos e curiosidades que… https://t.co/HjSdgrIumM
#FormacionCOTSG Durante os vindeiros meses de marzo e abril comezarán varios cursos de interese. Non perdas esta op… https://t.co/iSieJn7fP3
O #InformeSocial é un documento que ten consecuencias no proceso da #intervenciónsocial. Como tal, debe cimentarse… https://t.co/gXcwzvigwk
Logo da xuntanza entre o Colexio e o Partido Socialista, o @PSdeG rexistra unha iniciativa para que a Consellería… https://t.co/j6f4jZAcyd
Hoxe é o #DíaDeRosalía. A poetisa foi,ademais dunha defensora dos dereitos da muller, cuestionando os roles de xéne… https://t.co/DejrdpFVOW
#emprego #laboral Anunciadas as datas de exames da Xunta con 81 prazas do grupo A2 de #TraballoSocial. O primeiro e… https://t.co/DZecDl38y3
O #informesocial é unha ferramenta fundamental na #intervenciónsocial. Para realizalo adecuadamente, o persoal do… https://t.co/vtaJqGrp3j
A Asemblea Xeral da ONU afirma que a xustiza social non se pode acadar se non se respectan os dereitos humanos e as… https://t.co/OnWfT7fxAi
#formacionCOTSG #pilulasCOTSG Lembra que o próximo día 24 pecha o prazo de inscrición para esta pílula formativa… https://t.co/6ZPOcDT9mZ
O @cgtrabajosocial considera urxente e necesario avanzar cara á #RendaBásica Universal e comprométese a permanecer… https://t.co/KRluPqz1zK
O COTSG comeza a sus rolda cos grupos políticos para reivindicar dende o #traballosocial un sistema público de… https://t.co/EIPJOs08N4
A prensa faise eco da nosa reclamación pola seguridade do persoal de #TraballoSocial e das persoas usuarias dos dis… https://t.co/dIM8HsupUU
A Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia contempla a nosa reclamación para crear un Comité… https://t.co/TubsFevwE7