Asuntos Colexiais

O COTSG VALORA MOI POSITIVAMENTE A ANULACIÓN DE PARTE DA REFORMA LOCAL

O COTSG VALORA MOI POSITIVAMENTE A ANULACIÓN DE PARTE DA REFORMA LOCAL

Desde o Colexio congratúlanse especialmente da anulación da disposición que prohibía aos entes locais o servizo de asistencia social.

Redacción, 9 de marzo de 2016.- O Tribunal Constitucional vén de anular parte da reforma local. Unha das consecuencias que se derivan disto é que a xestión da política social quedará nos concellos.
O Colexio Oficial de Traballo Social (COTSG) valora “moi positivamente” o fallo porque “avala o municipalismo e faise eco da reivindicación dos concellos de manter as súas políticas sociais” e garante que a porta de entrada ao Sistema de Servizos Sociais se poida facer desde a administración máis achegada á cidadanía, e coa atención debida por parte do seu profesional de referencia, o traballador ou traballadora social neste caso.
A presidenta do COTSG, Marta Capeáns, afirma que “entre as disposicións que anula a sentenza está a de prohibir ás comunidades autónomas atribuír aos entes locais os servizos de asistencia social e atención primaria á saúde como competencias propias locais”. Capeáns considera que “isto é unha excelente noticia porque era un un dardo envelenado ás comunidades autónomas, sen ofrecerlle ningunha alternativa de financiamento como plan B, pero cuestionando o modelo de atención social actual”.
“O Colexio sempre estivo en contra da reforma”, continúa a presidenta, “porque rompe o principio de proximidade dos servizos sociais”. “A demografía do Estado Español é moi heteroxénea, e no caso galego, moi envellecida e dispersa, polo que esta reforma era o peor que nos podía ocorrer”, afirma. “Son os concellos os que  informan, orientan e tramitan a maioría dos recursos ou prestacións do sistema de Servizos Sociais”. Capeáns sostén que, “telos desposuído disto tería repercutido de xeito moi negativo no mantemento do actual Estado do Benestar”.
En definitiva, a sentenza do Tribunal Constitucional, supón un balón de osíxeno para o cuarto piar do Benestar Social no Estado Español: o dos servizos sociais.

Entrevistamos a @trabsocialytal “Nos servizos sociais a mirada da traballadora social debe ser experta en comprende… https://t.co/GWaE9CJ7l7
Moitísimas grazas ás máis de 70 persoas #colexiadas e #precolexiadas conectadas a este Encontro Virtual sobre o… https://t.co/NEuWlBvDTQ
NOVIDADE FORMATIVA: Falamos con D. Mustieles que nos explica a importancia do #autocoidado na nosa profesión. Impar… https://t.co/HzrEof5OBz
Imprescindible artigo da compañeira de Xunta de Goberno, Ana Rodríguez @cgtrabajosocial @trabsocialytal https://t.co/bJxZ6nOPlB
#CarvalhoCalero, o autor de Scórpio, foi estudoso incansable da nosa lingua e un gran pedagogo. Como moitas outras… https://t.co/4GFGTqSQNJ
"El COTSG señala la existencia de "mucho retraso" en la asignación de plazas residenciales de las emergencias que c… https://t.co/Qpqr2R77EW
Reclamamos que a Xunta envíe sen demora os protocolos para os servizos sociais e subliñamos moitas carencias no sis… https://t.co/2eD8t1tbJL